DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES AFILIADOS. MODALIDADES DE TAEKWONDO E HAPKIDO
ASUNTO: Curso de Titulación de Adestradores – ANO 2024 – nivel 1, 2 e 3 – CONVOCATORIA.
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ADESTRADORES BLOQUE ESPECIFICO.
Modalidade: Bloque específico semipresencial. Prácticas: nos centros de prácticas autorizados e baixo a tutela do adestrador nacional do alumno matriculado. Obrigatorio contar co bloque común aprobado.
DATA LÍMITE PARA PRESENTAR DOCUMENTACIÓN E PAGO – 26/06/24 – NON SE ADMITIRÁN DOCUMENTACIÓNS FORA DE PRAZO.
Os cursos impartiranse seguindo a resolución 18447 de 26 de outubro de 2011 do Consello Superior de Deportes e de acordo co establecido na Orde EDU/3186/2010, de 7 de decembro (BOE Núm. 282 – Mércores 23 de novembro de 2011 – Sec. III – Páx. 124207 / 124222), e do RD1788/2011 e posteriores actualizacións. (VER WEB DO CSD).
MOI IMPORTANTE, RESUME XERAL DOS REQUISITOS DE ACCESO:
Requisito común a todo-los nivéis: BLOQUE COMÚN APROBADO + TÍTULO DO NIVEL ANTERIOR Ó QUE SE MATRICULA – PARA O CASO DO NIVEL II E III.
NIVEL- I: 16 ANOS CUMPRIDOS + GRADUADO EN ESO OU EQUIVALENTE + 1º DAN ou recoñecemento DGAN.
NIVEL – II: NIVEL I SUPERADO + 2º DAN ou recoñecemento DGAN en vigor.
NIVEL III – NIVEL II SUPERADO + 3º DAN
(AS COMPETENCIAS DE CADA NIVEL ESTÁN REFLEXADAS NA LEXISLACIÓN DE REFERENCIA).
Cuotas BLOQUE ESPECÍFICO:
NIVEL I – 384 EUROS (*)
NIVEL II – 466 EUROS (*)
NIVEL III – 618 EUROS (*)
Documentación a aportar – DATA LIMITE 26/06/24:
1.- Copia DNI ambas caras
2.- Títulación académica coa que accede á formación, cotexada polo organismo de educación.
3.- Impreso de actividades nacionais co visto bo da federación territorial e copia do carné de cinto negro.
4.- Copia do certificado de ter aprobado o bloque común.
5.- Xustificante de pago da cuota na conta ABANCA IBAN ES89-2080-5219-1030-4000-2888.
6.- Rexistro na nosa aplicación: https://panel.taekwondogalego.es/actividades/?eac=92
Enviar documentación por MRW a Federación Galega de Taekwondo. Praza Agustín Díaz 3. 15008 A Coruña.
- OS ALUMNOS QUE ESTÁN CURSANDO O BLOQUE COMÚN EN SAFE FORMACIÓN NON TEÑEN QUE APORTAR CERTIFICADO DE BLOQUE COMÚN. SERÁ REMITIDO POLO CENTRO CONCERTADO UNHA VEZ REALIZADO O EXAME.
Duración da formación: do 01/05/24 ó 31/06/2025. Obrigada asistencia a formación presencial en Pontevedra, no Centro de Tecnificación Deportiva entre as seguintes datas:
Nivel 1 – do 8 ó 13 de xullo
Nivel 2 e 3 – do 8 ó 17 de xullo
O resto de formación será semipresencial a través da aula virtual da FGT.
Enlaces de interés para ampliar información sobre o novo plan formativo:
OS NIVEIS QUE NON ACADEN UN Nº SUFICIENTE DE MATRÍCULAS SERÁN CANCELADOS.
A Coruña, 31 de MAIO de 2024
O SECRETARIO XERAL