ASUNTO: EXAME DE CINTO NEGRO 1º, 2º, 3º, 4º, 5º Dan e 1º, 2º e 3º PUM.

DESTINATARIOS: TODO-LOS CLUBES FEDERADOS. 

AVISO IMPORTANTE – REGULAMENTO EXAME CN

Despois de realizar a consulta á RFET comunicamos que o exame de Cinturón Negro do vindeiro mes de Xullo realizarase co regulamento antigo que é o que aínda segue vixente.

1.DATA: SÁBADO 27/07/2024.

2.LUGAR: Centro Galego de Tecnificación Deportiva – Pontevedra. 

  1. HORARIO: – De 09.00 a 14.00 horas. (poderían sufrir cambios en función do nº de inscritos).

 

4.INSCRICIÓNS: A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB DEBENDO TER ENTRADA NA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO 18/07/2024. O SISTEMA CREARÁ AS FOLLAS DE ACTIVIDADES NACIONAIS TOTALMENTE CUBERTAS, ASINAR E REMITIR VÍA MAIL Á FGT ADXUNTANDO COPIA DO DNI. DEBERÁN VIR ACOMPAÑADAS DA LIQUIDACIÓN E PAGO. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS QUE NON FOSEN PROCESADAS NA WEB. AS INSCRICIÓNS NON TRAMITADAS NA APLICACIÓN WEB, AUTOMATICAMENTE SERÁN ANULADAS DO EXAME. DOCUMENTACION VÍA MAIL ESCANEADA EN PDF A COR CON CALIDADE. Se todos os participantes/adestradores contan con DNI aloxado no perfil (ambas caras nun único pdf Din-A4) e as sinaturas rexistradas, non precisamos remitades nada, descargamos todo do sistema automáticamente.

 

5.CUOTAS EN EUROS:

 

EXAMES DE CINTOS NEGROS  
1º Pum 91
2º Pum 109
3º Pum 117
1º Dan 122
2º Dan 162
3º Dan 188
4º Dan 214
5º Dan 345

 

Por acordo da Asamblea Xeral da Federación Española de Taekwondo non é obrigatorio o pago do DAN Internacional (WTF), aínda que SI o é para participar en actividades INTERNACIONAIS da WTF xunto coa licencia internacional.

6.REQUERIMENTOS E DOCUMENTACIÓN

 

PARA TODALAS CATEGORIAS:

  • Impreso oficial de inscrición en actividades nacionais, CUBERTO NA APLICACIÓN WEB.
  • Fotocopia do D.N.I. por ambas caras.
  • Carné de competición totalmente CUBERTO POLO CLUBE. (Descargar de taekwondogalego.com – IMPRESOS) se procede.
  • Fotocopia do resguardo bancario de ingreso da cuota correspondente.
  • Folla oficial de liquidación de clube e xustificate de pago.
  • Autorización paterna aos menores de 18 anos – O CLUBE DEBERÁ RESPONSABILIZARSE DAS MESMAS E POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT SE FOSEN REQUERIDAS.

 

VER NORMATIVA ESPECÍFICA NO APARTADO REGULAMENTOS DA WEB OU NOS SEGUINTES ENLACES:

 

NORMATIVA EXAME 1 A 5 DAN: https://www.fetaekwondo.net/images/2022/04/R.F.E.T-Normativa-examen-1o-a-5o-dan.pdf

 

NORMATIVA EXAME 1 A 3 PUM:

https://www.fetaekwondo.net/images/2022/04/R.F.E.T-Normativa-examen-1o-a-3o-pum.pdf

 

 

IMPORTANTE:

 

LEMBRAMOS QUE TODOS AQUELES DEPORTISTAS QUE NON TRAMITARAN NO SEU DÍA A LICENCIA NACIONAL QUE NON PODERÁN ACCEDER A ESTE EXAME.

 

  1. Non se aceptará a inscrición de ningún aspirante se o clube non está ó corrente das súas cuotas e reafiliado no ano 2024.
  2. O exame realizarase polo regulamento que actualmente está en vigor e que pode consultarse na web oficial desta RFET que prevalece sobre calquera erro que poida conter a persente circular.
  3. A aqueles aspirantes que non aporten correctamente TODA a documentación solicitada, dentro do prazo, anularáselles o exame, segundo consta no Regulamento Nacional.
  4. Aqueles aspirantes que necesiten algún documento deberán solicitalo coa ANTELACIÓN suficiente. Os que estean pendentes de recibir algún documento (arbitraxe, DAN, Colexiacións, etc) deberán comunicá-lo por escrito na folla de actividades nacionais, facendo constar que está EN TRÁMITE, pero non deixa-lo espacio en branco.
  5. O apartado de combate realizarase unha vez acabada parte técnica de todos os aspirantes, podendo modificarse segundo necesidades de organización.
  6. Co fin de axilizar a revisión das documentacións, ante a posibilidade da existéncia de moitas inscricións e haxa que nomear dous tribunais de exame, e en benefício de todos, prégase aos aspirantes efectuen as súas inscricións coa suficiente antelación, evitando deixalas para os últimos días do prazo de inscrición.
  7. En caso de que non haxa suficientes inscricións poderase suspender a actividade.
  8. No impreso de inscrición figuran 6 casiñas onde se deben anotar os NÚMEROS DE LICENCIAS E DATAS DE EXPEDICIÓN DIA/MES/ANO DAS MESMAS – OBRIGATORIO, cumpliendo este requerimento rigorosamente, non sería necesario enviar fotocopia das licencias. En caso de non ser certos os dados cubertos no impreso de inscrición, o exame sería anulado pola RFET perdendo tódolos dereitos.
  9. Os participantes afiliados na FGT non precisan remitir copia dos graos, simplemente folla de actividades nacionais e copia do DNI.

A Coruña, 28/06/2024.

 

Asdo. O Secretario Xeral.

Print Friendly, PDF & Email