CONVOCATORIA DOS PREMIOS AUTONÓMICOS DE TAEKWONDO 2023
A FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO ten o pracer de enviar a convocatoria de PREMIOS AUTONÓMICOS 2023 nas categorías que a continuación se relacionan:
- Club máis destacado de combate
- Club máis destacado de técnica e Freestyle
- Mellor deportista masculino absoluto de combate
- Mellor deportista masculino promesa de combate
- Mellor deportista feminina absoluta de combate
- Mellor deportista feminina promesa de combate
- Mellor deportista masculino absoluto de técnica e/ou Freestyle
- Mellor deportista masculino promesa de técnica e/ou Freestyle
- Mellor deportista feminina absoluta de técnica e/ou Freestyle
- Mellor deportista feminina promesa de técnica e/ou Freestyle
- Mellor equipo promesa
- Mellor equipo absoluto
- Mellor deportista de Para-Taekwondo
- Mellor árbitro de Combate.
- Mellor árbitro de Poomsae
- Mellor adestrador/a
- Premio de Hapkido
- Organismo Oficial máis colaborador
- Medio de comunicación máis destacado na difusión do taekwondo
- Mencións de Honra FGT
BASES:
Poderán facer chegar propostas a esta FGT, tendo entrada necesariamente antes das 13.00 horas do día 19 de xullo de 2024, tódolos clubes afiliados, técnicos e árbitros colexiados e deportistas federados, ademais da propia Xunta Directiva da FGT.
As propostas deberán realizarse cubrindo o seguinte formulario https://forms.gle/BYv1VeCbMRt8pyv88 , cubrir un por cada proposta. Non se valorarán as propostas que veñan incompletas, ou non se acompañen da información solicitada.
A Comisión de Recompensas da FGT será quen valore as solicitudes recibidas e resolva os premiados 2023.
IMPORTANTE: So se concederán recompensas segundo as candidaturas remitidas por calquera membro do Taekwondo galego, e non de oficio.
O mellor clube 2023 será decidido en función dos resultados en competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional.
O/a mellor deportista 2023 escollerase entre os propostos en virtude dos resultados en competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional. Soamente se terán en conta os resultados acadados de maneira individual.
*Considéranse deportistas promesas todos aqueles que cumpriron 17 anos coma moito no ano 2023. (Son categoría promesa os nacidos en 2006 ou despois)
*Considéranse deportistas absolutos todos aqueles que cumpriron 18 anos ou máis no ano 2023. (Son categoría absoluta os nacidos en 2005 ou antes)
O premio ó mellor equipo escollerase entre os propostos en virtude dos resultados en competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional. Soamente se terán en conta os resultados acadados de maneira grupal, ben sexan parellas, tríos, quintetos, exhibicións ou equipos de combate de calquera categoría. Os equipos poden ser mixtos, femininos ou masculinos.
*Considéranse equipos promesas todos aqueles que cumpriron 17 anos coma moito no ano 2023. (Son categoría promesa os nacidos en 2006 ou despois)
*Considéranse equipos absolutos todos aqueles que cumpriron 18 anos ou máis no ano 2023. (Son categoría absoluta os nacidos en 2005 ou antes)
O premio mellor técnico 2023 concederase entre os propostos en virtude do seu historial de 2022 que contemplará: participación en campionatos, resultados deportivos obtidos polos seus deportistas, participación en actividades federativas, colaboración coa FGT, organización de eventos deportivos, etc.
O premio ó mellor árbitro 2023 concederase por ranking, non se admitirán propostas.
Os restantes premios concederanse entre os propostos tendo en conta o nivel de resultados ou de colaboración demostrado nas tarefas de difusión e promoción do Taekwondo na nosa Comunidade Autónoma.
As mencións honoríficas outorgaranse a casos particulares que pola súa peculiaridade ou relevancia non puideran ser contemplados nos supostos anteriores.
Proximamente confirmarase o lugar e hora da Gala de Entrega de Premios Autonómicos 2023 do Taekwondo Galego.
NOTA: Tódolos datos aportados deben de facer referencia exclusivamente ó ano 2023
A Coruña, 26 de Xuño de 2024.
Vº BO O PRESIDENTE O SECRETARIO XERAL