CPTO. GALEGO PROMESAS 2019

CPTO. GALEGO VETERANOS 2019

CIRCULAR Nº 04/2019

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.

ASUNTO: CAMPIONATO PROMOCIÓN CADETE, XUNIOR, ABSOLUTO E CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS, MASCULINO E FEMININO. “XUNTA DE GALICIA” – 2019

  1. A COMPETICIÓN.

 

1.1.         LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal do GATAÑAL. Ctra. A Liméns. CANGAS.

1.2.         DATA: Sábado, 9 de febreiro de 2019.

1.3.         HORÁRIO: A partires das 09.00 horas (podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS:

 

  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes, reafiliados no ano 2019, poderán presentar un equipo masculino e outro feminino para cada unha das categorias, con un máximo de dous competidores por peso. INSCRICIÓN A TRAVÉS DA WEB – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HR. DO DÍA 31/01/2019.

PROPOSTAS DE ÁRBITROS A TRAVÉS DA INSCRICIÓN E enviando o correspondente nome a arbitraxe@taekwondogalego.com

  1. GRAO MÍNIMO E MÁXIMO: Para as CATRO categorias o grao mínimo será o Cinto Laranxa, non existindo grao máximo para nengunha delas. Limitacións de participación: Exemplo, un desportista que obtivese medalla en Cadete poderá participar en Xunior ou Absoluto, pero non en Cadete. Os medallistas sub21 poderán participar na categoría absoluta. (Acordo da Asamblea Xeral do 03.03.01). PREGAMOS A TODOLOS ADESTRADORES CONTROLEN A INSCRICIÓN DESTES COMPETIDORES, SENDO OS RESPONSABLES DO INCLUMPLIMENTO DESTA MEDIDA.
  2. Os medallistas en campionatos estatais oficiais (ctos de España) non poderán participar na categoría Promesa, independentemente do tempo transcorrido dende a obtención da medalla. Tampouco poderán inscribirse na categoría promesas aqueles deportistas que foran convocados pola Selección Galega e participaran en campionatos estatais oficiais (Ctos de España).
  3. Poderán solicitar a inclusión na categoría promesa aqueles deportistas que, sendo medallistas nos Campionatos Galegos Oficiais da categoría, obtiveran a medalla sen competir ou perdendo os combates. A solicitude –obrigatoria para poder inscribilos- de inclusión destes deportistas deberá de cursarse, motivando a solicitude coa información pertinente, ó Director Deportivo da FGT, quen comunicará a autorización ó Secretario Xeral da FGT para a súa admisión ou non. (Acordo da Asamblea Xeral do 01/03/2008).
  4. A categoría de VETERANOS subdivídese en dúas; VETERANOS “A” (EXMEMBROS DA SELECCIÓN GALEGA) e VETERANOS “B” (RESTO DE COMPETIDORES. A INSCRICICIÓN REALIZARASE TENDO EN CONTA ESTE CRITERIO.

 

  1. DOCUMENTACIÓN A APRESENTAR: INSCRICIÓN A TRAVÉS DO SISTEMA WEB. O clube farase cargo das autorizacións paternas dos deportistas e deberá poñelas a disposición da FGT se esta as solicitase.

 

  1. IDADES:

– CADETE: os nados nos anos 2005, 2006 e 2007.

– XUNIOR: os nados nos anos 2002, 2003 e 2004.

– ABSOLUTO: os nados no ano 2002 e anteriores.

– VETERANOS: a partir de 35 anos cumpridos no ano en curso (anos 1984 e anteriores).

* A CATEGORÍA VETERANOS CORRESPONDE Ó CPTO. GALEGO DE VETERANOS E NON SERÁ INCLUIDA NO MEDALLEIRO DEO CPTO. GALEGO PROMESAS.

NOTA: Un mesmo desportista non poderá participar en máis dunha categoria.

  1. PROTECCIÓNS: Son estrictamente obligatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco reglamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas e protección bucal, guantillas e protectores de empeine electrónicos Daedo. Non se usarán cascos electrónicos.
  2. REGULAMENTO: Aplicarase o regulamento da W.T.F.
  3. ARBITRAXE: Os árbitros deberán vestir: Pantalón gris, camisa branca, garavata da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
  4. PESOS: Os estipulados ofícialmente para as tres categorías. No caso de VETERANOS, serán pesos OLÍMPICOS (ver nota adxunta).
  5. TROFEOS:

– INDIVIDUAL: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria, medalla.

– EQUIPOS: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria (masculino e feminino) trofeo.Seguirá-se o seguinte baremo: OURO = 7 puntos , PRATA = 3 puntos, BRONCE = 1 punto.

Computarán todas as medallas conseguídas, independentemente de que os desportistas fixesen ou non combate. (Lembro Asamblea Xeral de 03.03.01)                       

 

  1. ORGANIZACIÓN:

 

  1. ORGANIZA: Club SARES TKD CANGAS por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  2. PESAXE: o viernes dia 8 DE FEBREIRO, os competidores das províncias de:

 

  • Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
  • Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
  • Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

De 16.30 a 18.00 horas.

  • Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
  • Ourense: Ximnasio Couto. De 13:00 a 15:00 horas.

 

  1. SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo ó director de arbitraxe no mail arbitraxe@taekwondogalego.com
  2. REUNION DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase UNHA HORA antes do inicio da Competición no pavillón. (É DE OBRIGATORIA ASISTENCIA E PRÉGASE ESPECIAL PUNTUALIDADE).
  3. COMEZO DA COMPETICIÓN: 09.00 horas.
  4. NORMAS PARA OS ADESTRADORES:
    1. INDUMENTARIA: É obligatoria a utilizazón de roupa e calzado desportivo para acceder á pista.
    2. SANCIÓNS: no Comité Executivo da W.T.F. e a Asamblea Xeral da F.E.T. lembraron que nos campionatos se sancionará, de acordo co Regulamento Internacional de Arbitraxe, as acenacións, aplausos e acenos ostensibeis dos adestradores durante o combate, lembrando que as sancións previstas poden chegar até a descalificación do competidor e a inabilitación do adestrador.Os actos anteriormente citados incitan á violencia e aos desórdens, tanto do público como dos participantes, o que vulnera o REAL DECRETO sobre violencia no desporte e o Regulamento de Disciplina Desportiva, ademais do espectáculo deplorable e tan prexudicial para o Tae Kwon Dó que dan os infractores destas regras.
  • PROTECCIÓNS: SON OBRIGATORIAS TODALAS REGULAMENTARIAS E CADA DEPORTISTA DEBERÁ LEVAR AS SÚAS EXCEPTO O PETO QUE SERÁ FACILITADO POLA ORGANIZACIÓN.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

 

  1. PERTENZA A UN CLUB FEDERADO: os desportistas, árbitros, adestradores e delegados deberán pertencer a clubes federados, cuia cuota do ano 2019.
  1. ÁRBITROS: Cada club participante nunha competición oficial da FGT terá que solicitar a inscrición dun árbitro ou xuiz colexiados. A inscrición do árbitro/xuiz deberá de realizarse xunto coa do equipo, aplicación web, podendo ser un colexiado afiliado a outro club.

 

  1. RECLAMACIÓNS:
    1. COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:

Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.

Vocais: O director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

 

A Comisión de Campionato actuará de oficio en caso de observar un comportamento antideportivo por parte dun participante, podendo aplicar, en casos de actuacións claramente antideportivas, unha inhabilitación para acceder á pista durante a seguinte ou seguintes dúas probas como medida cautelar previa á apertura de expediente disciplinario. En todo caso levantarase acta na propia competición na que consten as persoas responsables dos actos antideportivos e unha descripción dos mesmos.

 

RECLAMACIÓNS: segundo o Regulamento da W.T.F.  faranse por escrito no impreso oficial e asinado polo Delegado Oficial do Club reclamante, estrumando préviamente 30 euros que serán dedevoltados en caso de prosperar a reclamación.

 

NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunicanse os requerimentos necesários para a ceremonia de recollida de medallas.

 

Desportistas e Adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerase a medalla en chándal ou en dóbok.  Os adestradores poden facelo en chándal.
  2. En caso de non vestir adecuadamente recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ó finalizar o acto.

 

A Coruña, 19 de xaneiro de 2019.

O SECRETÁRIO XERAL JC CAINZOS.

 

IMPORTANTE – RESUME NORMATIVA:

 

Non poderán participar os medallistas en campionatos galegos, na categoria na cal obtivesen medalla no ano anterior. Por exemplo, un desportista que obtivese medalla en Cadete poderá participar en Xunior ou Absoluto, pero non en Cadete. 

                Non poderán participar os membros da selección galega de combate en campionatos Estatáis. (independientemente da categoría de participación e o ano da convocatoria, a execpción dos casos que entren na categoría de veteráns). Poderán participar aqueles convocados en opens tipo: Arrigorriaga, Andalucía, etc. os cales pagaran pola viaxe e en ningún caso foran membros da selección galega en campionatos Estatáis. 

Poderán participar na categoría promesas os deportistas que leven a lo menos 8 anos sen competir.

                Os medallistas en campionatos estatais non poderán participar na categoría Promesa, independentemente do tempo transcorrido dende a obtención da medalla. Só se permita a participación a aqueles medallistas estatais de clubs que teñan obtido medallas sen competir ou perdendo o primeiro combate. 

                Espérase unha boa vontade dos adestradores á hora de facer as inscricións. Calquera competidor que non cumpra estas normas será eliminado automaticamente do campionato.
Se algún club ten competidores que poidan crear dúbidas nas inscricións, este deberá comunicalo ó director deportivo – 
direcciondeportiva@taekwondogalego.gal  quen valorará a participación de dito competidor/a.

PESOS POR CATEGORIAS:

 

PESOS ABSOLUTO

CATEGORIAS

 

MASCULINA

 

FEMININA
Mini-mosca

 

 – 54

 

 – 46
Mosca

 

54 – 58

 

46 – 49
Galo

 

58 – 63

 

49 – 53
Pluma

 

63 – 68

 

53 – 57
Lixeiro

 

68 – 74

 

57 – 62
Super-lixeiro

 

74 – 80

 

62 – 67
Medio

 

80 – 87

 

67 – 73
Pesado

 

 + 87

 

 + 73

 

PESOS XUNIOR

CATEGORIAS

 

MASCULINA

 

FEMININA
Mini-mosca

 

– 45

 

– 42
Mosca

 

45 – 48

 

42 – 44
Galo

 

48 – 51

 

44 – 46
Pluma

 

51 – 55

 

46 – 49
Lixeiro

 

55 – 59

 

49 – 52
Super-lixeiro

 

59 – 63

 

52 – 55
Semi-Medio

 

63 – 68

 

55 – 59
Medio

 

68 – 73

 

59 – 63
Semi- Pesado

 

73 – 78

 

63 – 68
Pesado

 

+ 78

 

+68

 

PESOS CADETE

CATEGORIAS

 

MASCULINA

 

FEMININA
Mini-mosca

 

– 33

 

– 29
Mosca

 

33 – 37

 

29 – 33
Galo

 

37 – 41

 

33 – 37
Pluma

 

41 – 45

 

37 – 41
Lixeiro

 

45 – 49

 

41 – 44
Super-lixeiro

 

49 – 53

 

44 – 47
Semi-Medio

 

53 – 57

 

47 – 51
Medio

 

57 – 61

 

51 – 55
Semi- Pesado

 

61 – 65

 

55 – 59
Pesado

 

+ 65

 

+ 59

 

 

 

Cpto. Galego de VETERANOS:

 

FEMENINO            MASCULINO

-49 KG                         -58 KG

-57 KG                         -68 KG

-67 KG                         -80 KG

+67 KG                     +80 KG

Print Friendly, PDF & Email