CIRCULAR CPTO. internatural 2.022 PROMESAS E XÓVENES TALENTOS Serra de Outes

 

AVISOS IMPORTATES:

VER INSCRICION: PUBLICARASE NESTE ESPACIO E NA CANLE OFICIAL DE TELEGRAM DA FGT.

VER INSCRICIÓN NESTE ENLACE

VER SORTEOS NESTE ENLACE

 

DISTRIBUCIÓN HORARIA:

  • XORNADA DE MAÑÁ A PARTIR DAS 9:00 INFANTIL, PRECADETE, CADETE. XÚNIOR.

A COMPETICIÓN REALIZARASE EN 5 TAPICES – A Organización resérvase o dereito de “cortala inscripción” en caso de ser excesiva.

PROTECCIÓNS: 

  • AS CATEGORÍASPRECADETE E INFANTIL DEBERÁN LEVAR AO CAMPIONATO O CASCO CONVENCIONAL CON MÁSCARA.
  • TODAS AS CATEGORÍAS DEBERÁN LEVAR CONSIGO AS PROTECCCIÓNS REGULAMENTARIAS.

TEMPOS DE COMBATE: 

  • XUNIOR 2×1:30 (45”)
  • CADETE 2×1:30 (45”)
  • PRECADETE 2×1:30 (45”)
  • INFANTIL 2×1:30 450”)

 

PREGAMOS SE TEDES CALQUERA DÚBIDA OS REMITADES DIRECTAMENTE A arbitraxe@taekwondogalego.com

 

 

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.

ASUNTO: CAMPIONATO PROMOCIÓN E XÓVENES TALENTOS INTERNATURAL – 2022

 

  1. A COMPETICIÓN.

 

1.1.         LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal da Serra de Outes.

1.2.         DATA: Venres, 30 de decembro de 2022.

1.3.         HORÁRIO: A partires das 09.00 horas (podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS:

 

  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes, reafiliados no ano 2022, poderán presentar un equipo masculino e outro feminino para cada unha das categorías. INSCRICIÓN A TRAVÉS DA WEB – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HR. DO DÍA 20/12/2022.

 

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

 

ENLACE NORMATIVA INSCRIPCIÓN E PESAXES

https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe/

 

 

A DIRECCIÓN DE ARBITRAXE REALIZARÁ UNHA CONVOCATORIA CON ÁRBITROS, SENDO ESTE UN EVENTO ESPECIALMENTE DIRIXIDO A ÁRBITROS NOVEIS QUE NECESITEN RODAXE, POLO QUE PEDIMOS COMPRENSIÓN E AXUDA A TODOS OS IMPLICADOS PARA QUE POIDAN IR MEDRANDO NESTA FACETA TAN IMPORTANTE DO NOSO DEPORTE.

 

 

  1. DOCUMENTACIÓN A APRESENTAR: INSCRICIÓN A TRAVÉS DO SISTEMA WEB. O clube farase cargo das autorizacións paternas dos deportistas e deberá poñelas a disposición da FGT se esta as solicitase.

 

  • IDADES: (VER REGULAMENTO DAS DITINTAS CATEGORÍAS “A” E “B”).

 

CATEGORÍA ANOS NACEMENTO
INFANTIL 2013 – 2014
PRECADETE 2011 – 2012
CADETE 2008 – 2009 – 2010
XÚNIOR 2005– 2006 – 2007

 

  • PROTECCIÓNS: Son estrictamente obligatorias, e deberá aportarlas cada deportista: casco reglamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas e protección bucal, guantillas e protectores de empeine electrónicos Daedo. Tentaremos empregar cascos electrónicos en tódalas categorías.

 

  • REGULAMENTO: Aplicarase o regulamento da W.T.F.

 

  • ARBITRAXE: Os árbitros deberán vestir: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, garavata da FGT, zapatillas brancas e americana azul mariño.

 

  • PESOS: Os estipulados ofícialmente para as catro categorías.

 

  • TROFEOS:

– INDIVIDUAL: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoría, medalla.

 

–ORGANIZACIÓN:

 

  • ORGANIZA: Club TAEKWONDO NATURAL SPORT VIDELGI RIBEIRApor delegación da Federación Galega de Taekwondo en colaboración co Concello da Serra de Outes e a Asociación de Pais do Centro Deportivo Ludus..

 

  • PESAXE: o xoves dia 29 DE decembro nas distintas sedes:
  • Marín: 16:00 a 17:00 horas.
  • Coruña: 16:00 a 18:00 horas.
  • Riveira: 17:00 a 19:00 horas.
  • Gimnasio Couto: de 14:00 a 15:00 horas.
  • Vigo (Seungsport): de 16:30 a 17:30 horas.
  • Lugo: Gimnasio Jansu de 17:00 a 18:00 horas.

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo ó director de arbitraxe no mail arbitraxe@taekwondogalego.com

 

  • REUNION DE DELEGADOS Celebrarase MEDIA HORAantes do inicio da Competición no pavillón. (É DE OBRIGATORIA ASISTENCIA E PRÉGASE ESPECIAL PUNTUALIDADE).

 

  • COMEZO DA COMPETICIÓN: 09.00 horas.

 

  • NORMAS PARA OS ADESTRADORES:

 

  • INDUMENTARIA: É obligatoria a utilizazón de roupa e calzado deportivo para acceder á pista.
  • SANCIÓNS: no Comité Executivo da W.T.F. e a Asamblea Xeral da F.E.T. lembraron que nos campionatos se sancionará, de acordo co Regulamento Internacional de Arbitraxe, as actuacións, aplausos e xestoss ostensibeis dos adestradores durante o combate, lembrando que as sancións previstas poden chegar até a descalificación do competidor e a inabilitación do adestrador. Os actos anteriormente citados incitan á violencia e aos desórdens, tanto do público como dos participantes, o que vulnera o REAL DECRETO sobre violencia no deporte e o Regulamento de Disciplina Desportiva, ademais do espectáculo deplorable e tan prexudicial para o Tae Kwon Dó que dan os infractores destas regras.
  • PROTECCIÓNS: SON OBRIGATORIAS TODALAS REGULAMENTARIAS E CADA DEPORTISTA DEBERÁ LEVAR AS SÚAS EXCEPTO O PETO QUE SERÁ FACILITADO POLA ORGANIZACIÓN.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

 

  • PERTENZA A UN CLUB FEDERADO: os desportistas, árbitros, adestradores e delegados deberán pertencer a clubes federados, cuia cuota do ano 2022.

 

  • RECLAMACIÓNS:

 

  • COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:

 

  • Presidente: Director de arbitraxe.

 

  • Vocais: O Delegado Técnico, o  director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

 

 

  • RECLAMACIÓNS: segundo o Regulamento da W.T.F.  faranse por escrito no impreso oficial e asinado polo Delegado Oficial do Club reclamante, estrumando préviamente 30 euros que serán dedevoltados en caso de prosperar a reclamación.

 

  • INSCRIPCIÓN: GRATUITA

 

NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunicanse os requerimentos necesários para a ceremonia de recollida de medallas.

 

Desportistas e Adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerase a medalla en chándal ou en dóbok.  Os adestradores poden facelo en chándal.
  2. En caso de non vestir adecuadamente recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ó finalizar o acto.

 

Ribeira, 17 de novembro de 2022.

 

O SECRETÁRIO XERAL

 

 

Juan Carlos Caínzos Gómez

 

RESUMO REGULAMENTO INTERNATURAL 2022

 

 

REGULAMENTO CAMPIONATO INTERNATURAL 2022

PROMOCIÓN – XÓVENES TALENTOS

 

  • Dende o Club Natural Sport, e en colaboración coa FGT e o Concello do Son, promovemos este campionato que ten como obxectivo principal, o facilitar un rodaxe a tódolos deportistas en período de formación nas categorías infantil precadete, cadete e xúnior, e que en moitos casos, debido á pandemia, sufriron o non poder competir durante un período de tempo importante.
  • Por iso, dende a organización queremos destacar que o verdadeiramente importante deste evento, tanto nesta edición como en outras edicións futuras, será a formación e disfrute da competición tanto dos deportistas, como dos adestradores e todo o persoal implicado.
  • Así mesmo, propoñemos que este campionato poida servir de rodaxe para todos aqueles árbitros xóvenes que están empezando nesta faceta, facilitándolles una experiencia enriquecedora que lles axudará para eventos máis relevantes.
  • Recuperamos a filosofía dos primeiros Cidade de Ribeira, nos que existían as categorías promesas e xóvenes talentos, e nos baseamos no regulamento oficial do Campionato Galego Promesas con algunha lixeira variante.

 

CATEGORÍA PROMESAS

 

  1. Idades e categorías e tempos de combate.

 

CATEGORÍA ANOS NACEMENTO TEMPOS COMBATE
INFANTIL 2013 – 2014 2 X 1´30” / 30”
PRECADETE 2011 – 2012 2 X 1´30” / 30”
CADETE 2008 – 2009 – 2010 3 X 1´30” / 30”
XÚNIOR 2005 – 2006 – 2007 3 X 1´30” / 30”

 

  1. Pesos oficiais masculinos e femininos.
  2. Grao mínimo: BLANCO/AMARELO

 

  1. EXCLUSIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN:
  • Estarán excluídos os medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo President´s Cup, Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de Seleccións ou de Clubes en calqueira categoría), e non poderán participar aqueles deportistas que quedaran clasificados no primeiro ou segundo posto no Campionato Galego Cadete ou Xúnior, independientemente do posto que ocupe no ranking da FGT no momento do peche da inscripción.
  • Estarán excluídos os membros das distintas Seleccións Galegas en Campionatos Oficiais (Openes Internacionais fora das nosas fronteiras ou Open de España e Campionato de España).
  • Non poderán competir os membros das distintas Seleccións Galegas en Campionatos Oficiais (Tipo Open Zamora, Arrigorriaga, etc…), exclusivamente na categoría na que foran convocados no seu momento. Pero poderán participar en PROMESAS cando cambien de categoría por idade.

 

CATEGORÍA XÓVENES TALENTOS.

 

  1. Idades e categorías e tempos de combate.

 

CATEGORÍA ANOS NACEMENTO TEMPOS COMBATE
INFANTIL 2013 – 2014 2 X 1´30” / 30”
PRECADETE 2011 – 2012 2 X 1´30” / 30”
CADETE 2008 – 2009 – 2010 3 X 1´30” / 30”
XÚNIOR 2005 – 2006 – 2007 3 X 1´30” / 30”

 

  1. Pesos oficiais masculinos e femininos.
  2. Grao mínimo: NARANXA
  3. EXCLUSIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN:
  • Estarán excluídos os medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de Seleccións ou de Clubes en calqueira categoría), e non poderán participar aqueles deportistas que quedaran clasificados no primeiro ou segundo posto no Campionato Galego Cadete ou Xúnior, independientemente do posto que ocupe no ranking da FGT no momento do peche da inscripción.
  • Estarán excluídos os membros das distintas Seleccións Galegas en Campionatos Oficiais excepto Open de España (Openes Internacionais fora das nosas fronteiras ou Open de España e Campionato de España).
  • Estarán excluídos os membros das distintas Seleccións Galegas en Openes de España oficiais, exclusivamente na categoría na que foran convocados no seu momento. Pero poderán participar en XÓVENES TALENTOS cando cambien de categoría por idade.
  • Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorñias infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes ou xúnior.

 

  • Aclarar que teñen consideración de membros da Selección Galega tódolos deportistas qye fosen convocados nalgunha ocasión. Non Terán tal consideración quenes solicitasen beca para asistir a algún evento, ainda que formasen parte do grupo da Selección Galega.
  • Teranse en conta por parte da Organización a posibilidade de inclusión de deportistas que non cumplan as condicións, previa solicitude dos seus clubes, debidamente argumentada, en supostos tales como:
    • Ser medallistas sen haber gañado ningún combate.
    • Outros casos.

 

Print Friendly, PDF & Email