CIRCULAR Nº 05/2026. DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO. “XUNTA DE GALICIA”- ANO 2026

AVISOS IMPORTANTES:

 

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  1. LUGAR: Pavillón Municipal de Betanzos.
  2. DATA: Sábado, 31/01/2026.
  3. HORÁRIO: A partires das 16.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos). Se informará polo canal de comunicacións oficiáis da FGT a distribución de categorías

 

 

  1. NORMAS TÉCNICAS
  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2026, poderán presentar un equipo masculino e un femenino.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do venres 23/01/2026. Cambios de peso tras o peche de inscrición: 10 euros.

 

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

 

 

  • GRAO MÍNIMO:

Cinto AZUL.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • A autorización paterna quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
    • Todos os deportistas deberán acudir con acreditación.

 

  • IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 2009, 2010 e 2011.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor da WT e as directrices da FGT.
  • UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

  • PESOS :

CATEGORIAS        MASCULINA                                  FEMININA

P1                                           – 45 Kg.                                               – 42 Kg.

P2                                          45 – 48 Kg.                                          42 – 44 Kg.

P3                                          48 – 51 Kg.                                          44 – 46 Kg.

P4                                          51 – 55 Kg.                                          46 – 49 Kg.

P5                                          55 – 59 Kg.                                          49 – 52 Kg.

P6                                          59 – 63 Kg.                                          52 – 55 Kg.

P7                                          63 – 68 Kg.                                          55 – 59 Kg.

P8                                          68 – 73 Kg.                                          59 – 63 Kg.

P9                                          73 – 78 Kg.                                          63 – 68 Kg.

P10                                        + 78 Kg.                                              + 68 Kg.

 

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Ouro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

 

CRITERIOS DE DESEMPATE:

1º: Maior número de medallas de ouro.

2º: Maior número de medallas de prata.

3º: Maior número de medallas de bronce.

4º: Maior número de combates gañados.

5º: Menor número de competidores.

6º: Decisión do criterio a empregar por o Delegado Técnico do campionato.

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA o Clube KWON por delegación da FGT. PESAXE: Venres día 30, provincia de:

 

  • Marín: Gimnasio Mat´s de 15:30 a 17:30 horas.
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas.
  • Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas.
  • Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas.
  • Vigo: Kae Sport de 16:00 a 18:00 horas.
  • Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas.
  • Vilalba: Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas.
  • CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro).

 

Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón

 

  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 16:00 horas.

 

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2026, e ter a licenza federativa actual.
  2. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS

 

  1. COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO

 

  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.

 

  • Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o importe.

 

  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

 

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.

 

 

NOTAS MOI IMPORTANTES:

 

 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

 

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 

NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.

 

Coruña, 01/01/2026.

 

O SECRETARIO XERAL

 

Print Friendly, PDF & Email