Chegou a primeira gran nova para o taekwondo galego procedente do Europeo Júnior, que se está a disputar en Sarajevo: Cloe Iglesias (-63, Patiño) subiu ao podio tras lograr a medalla de bronce no seu peso.

 

Cloe comezou a competición ante a representante de Gran Bretaña, Beth Christy. A galega fixo un primeiro asalto brillante que lle permitiu escaparse con moita diferenza e despois so tivo que manter a distancia para vencer de 20. Nos cuartos de final enfrontouse a Vilma Hagelberg (Finlandia) e novamente Cloe foi moi superior para imporse por 13-1. Na semifinal esperaba a grega Sarvanaki. No primeiro asalto comezou puntuando Iglesias e estivo moi rifado, pero despois a grega logrou escaparse no marcador (17-7) para garantir así o pase á final. Aínda así, fantástica actuación da nosa deportista.

 

O día antes competira Javier Otero (-45, Kae Sport), que quedou as beiras da medalla. O primeiro combate foi contra Mussa  Marwan (Suecia) e Javi venceu por diferencia de 20 puntos. Nos cuartos de final, no paso ás medallas, caeu ante Owen Blunt (Gran Bretaña) nun combate moi intenso e axustado.

 

Gran traballo de ambos, e estaremos pendentes de Ainoha García (-68, Couto) e Sergio Troitiño (+78, Mat´s).

Print Friendly, PDF & Email