23 taekwondistas participan no Curso de Adestrador Deportivo, nivel 1 (bloque común), que comezou hoxe organizado pola Escola Galega do Deporte e a Secretaría Xeral para o Deporte e en colaboración con UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).

 

Esta mañá iniciouse a formación cun acto de presentación no que participou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.  O curso está deseñado para realizar en 5 semanas a través dunha plataforma dixital, salvo a formación de 10 horas de primeiros auxilios que será presencial un sábado e 5 horas de bases do comportamento deportivo que se desenvolverán de forma teórico-práctica.

 

Para este curso a Secretaría Xeral para o Deporte sacou unas becas para as federacións deportivas, e a Federación Galega de Taekwondo cubriu todas as prazas que tiña a súa disposición, amosando unha vez máis os nosos deportistas o seu interese por seguir formándose.

 

Posteriormente, no mes de agosto, a Federación Galega de Taekwondo impartirá o bloque específico para taekwondo e hapkido do curso de adestradores nivel 1 e 2, que conta xa cun altísimo número de participantes. O curso comezará o 1 de agosto e rematará o 31 de marzo de 2021.

Print Friendly, PDF & Email