A Federación Galega de Taekwondo creou unha nova competición, na que as e os participantes deberán realizar tanto exercicios de técnica como de combate. É a Copa de Galicia combinada online, cuxo prazo de inscrición, para nenos e adultos, rematará o próximo día 30 de xullo.

 

Esta competición está aberta a todas as categorías e as e os participantes poderán presentar os seus exercicios ata as 13:00 horas do 30 de xullo (os prebenxamín e benxamín farán 3 exercicios, mentres que o resto das categorías terán que realizar catro). Desta forma,  o día 31 de xullo publicarase o listado de participantes. Durante a fin de semana realizarase a arbitraxe da semifinal e o luns 3 de agosto daranse a coñecer os resultados, así como cales serán os exercicios que haberá que realizar para a final. O xoves 13 de agosto (13:00 horas) rematará o prazo para a presentación dos exercicios da final e o luns 17 de agosto coñeceremos ao gañadores da Copa de Galicia combinada.

 

No seguinte enlace, tedes os tutoriais onde os explican os exercicios a realizar e como subilos a youtube.

tutoriais

 

Así que voltaremos a ver aos nosos deportistas en acción, e agora xa dende os seus propios ximnasios, onde xa están a adestrar. Desexando estamos!!

 

Print Friendly, PDF & Email