Quedan convocadas e convocados/-as todos/-as os taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a participar nas probas selecctivas que se realizarán o vindeiro domingo 9 de febreiro ás 10.30 no ximnasio As Sport de Vigo, para configurar o equipo na modalidade de combate que representará a esta universidade nos próximos Campionatos de España Universitarios de Taekwondo que se celebrarán en Murcia o vindeiro 16 de maio. Os responsables técnicos son Erea Andrade e Salvador Fontán.
É preciso estar inscrito/-a previamente no aplicativo Campus Activo.
Toda a información en https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=2031
- Nivel deportivo mínimo esixido para a competición:
- Campionato de España Universitario:
- Cumprir ao menos unha das seguintes condicións:
- Participar no Campionato Galego absoluto e acadar un posto entre os tres primeiros nalgunha das súas dúas últimas edicións (prazo contado a partir do último día de pre-inscrición no aplicativo campus activo).
- Participar no Campionato de España absoluto e acadar un posto entre os dezaseis primeiros nalgunha das súas dúas últimas edicións (prazo contado a partir do último día de pre-inscrición no aplicativo activo).
- Ser medallista na última edición dos CEU.
- Se a persoa aspirante non tivese participado nalgún dos campionatos mencionados, o asesor técnico podería ter en conta os seus resultados en campionatos nacionais e internacionais acadados nas dúas últimas tempadas e a súa traxectoria deportiva xeral.
2.- O equipo representativo da Universidade de Vigo estará integrado, na modalidade de Combate, por un alumno e unha alumna por cada un dos pesos que inclúa o programa de competición. Cando o deportista seleccionado fose o medallista de ouro do CEU da edición anterior, excepcionalmente poderá engadirse nesa categoría e peso un segundo deportista, sempre que cumpra os requisitos do punto 1 e que o permita o regulamento técnico da competición. Na modalidade de Poomsaes o equipo representativo estará integrado por un home e unha muller, esta cifra poderá ser incrementada baixo criterio técnico se o regulamento técnico da competición o permitira.
3.- Para facer a selección valoraranse, por esta orde, os seguintes aspectos:
- Resultados obtidos no Campionato Galego Universitario e/ou nas probas de selección, no caso de que se convoquen.
- Resultados obtidos en competicións oficiais ao longo da tempada en curso.
- Valoración do responsable técnico.