CONVOCADAS PROBAS SELECCIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO 2023
Quedan convocadas e convocados todos/-as os taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a participar nas probas selectivas que se realizarán o vindeiro domingo 29 de xaneiro ás 11.00 no ximnasio As Sport de Vigo, para configurar o equipo na modalidade de combate que representará a esta universidade nos próximos Campionatos de España Universitarios de Taekwondo que se van a celebrar en Burgos os días 25 e 26 de marzo. Os responsables técnicos son Erea Andrade e Salvador Fontán.
As probas selectivas na modalidade de Poomsae individual masculino e feminino realizaranse este mesmo día quedando pendentes e á espera da convocatoria oficial por parte da universidade organizadora (Isabel I).
É preciso estar inscrito/-a previamente no aplicativo Campus Activo.
Toda a información en:
https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3866
1.- Nivel deportivo mínimo esixido para a competición:
o Estar en posesión do grao de cinto vermello e cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións:
- Ser medallista no Campionato de España absoluto, Sub-21 ou júnior de Taekwondo na última edición celebrada.
- Ser medallista no Campionato de España Universitario de Taekwondo na última edición celebrada.
- Ser medallista no Campinato Autonómico absoluto, Sub-21 ou júnior de Taekwondo na última edición celebrada.
o Se non cumprise ningún dos criterios anteriores o/a responsble técnico podería ter en conta os resultados en competicións nacionais e internacionais acadados polo/a aspirante nas últimas tempadas e a súa traxectoria deportiva xeral.
2.- O equipo representativo da Universidade de Vigo estará integrado, na modalidade de Combate, por un alumno e unha alumna por cada un dos pesos que inclúa o programa de competición. Cando o/a deportista seleccionado/a fose o/a medallista de ouro do CEU da edición anterior, excepcionalmente poderá engadirse nesa categoría e peso un/unha segundo/a deportista, sempre que cumpra os requisitos do punto 1 e que o permita o regulamento técnico da competición.
No caso de presentarse varias persoas deportistas do mesmo peso seleccionarase a persoa que gañe as probas de preselección que se celebrarán previamente.
Na modalidade de Poomsaes o equipo representativo estará integrado por un home e unha muller, esta cifra poderá ser incrementada baixo criterio técnico se o regulamento técnico da competición o permitira e se seleccionará á persoa deportista cos mellores resultados nas dúas últimas tempadas.
3.- Exclusións:
Resérvase o dereito de excluír do equipo a aquelas persoas deportistas que, aínda reunindo os méritos precisos presenten algunha das seguintes circunstancias.
-Non acudir ás concentracións ás que se lles convoque sen causa xustificada e coa antelación precisa.
-Non dar o peso requerido nalgunha das concentracións ou adestramentos.
-Presentar un estado manifesto de mala forma que indique falta de adestramento e, polo tanto, un alto grao de desinterese ou falta de compromiso.
4.- Para facer a selección valoraranse, por esta orde, os seguintes aspectos:
o Resultados obtidos no Campionato Galego Universitario e/ou nas probas de selección, no caso de que se convoquen.
o Resultados obtidos en competicións oficiais ao longo da tempada en curso.
o Valoración do/a responsable técnico/a.