Quedan convocadas e convocados todos/-as os taekwondistas
pertencentes á Universidade de Vigo a participar nas probas
selectivas que se realizarán o vindeiro domingo 23 de marzo ás 11.00
no ximnasio As Sport de Vigo, para configurar o equipo, nas
modalidades de Combate e Poomsae, tanto en categoría
masculina coma feminina, que representará a esta universidade nos
próximos Campionatos de España Universitarios de
Taekwondo. Os responsables técnicos son Erea Andrade e Salvador Fontán.

É preciso estar inscrito/-a previamente no aplicativo Campus Activo.
Límite prazo de inscrición no aplicativo: martes
18 marzo ás 23.59.

Toda a información en:

https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/privada/admin/actividad/editar.xhtml?iep=144833421

1.-   Nivel deportivo mínimo esixido para a competición:

o           Estar en posesión do grao de cinto vermello e cumprir,
polo menos, unha das seguintes condicións:

•           Ser medallista no Campionato de España absoluto, Sub-21
ou júnior de Taekwondo  na última edición
celebrada.

•           Ser medallista no Campionato de España Universitario  de
Taekwondo na última edición celebrada.

•           Ser medallista no Campinato Autonómico absoluto, Sub-21
ou júnior de Taekwondo na última edición celebrada.

o          Se non cumprise ningún dos criterios anteriores o/a
responsble técnico podería ter en conta os resultados
en competicións nacionais e internacionais acadados
polo/a aspirante nas últimas tempadas e a súa
traxectoria deportiva xeral.

2.- O equipo representativo da Universidade de Vigo estará
integrado, na modalidade de Combate, por un alumno e unha
alumna por cada un dos pesos que inclúa o programa de
competición. Cando o/a deportista seleccionado/a fose o/a
medallista de ouro do CEU da edición anterior, excepcionalmente
poderá engadirse nesa categoría e peso un/unha
segundo/a deportista, sempre que cumpra os requisitos do punto 1
e que o permita o regulamento técnico da
competición.

No caso de presentarse varias persoas deportistas do mesmo peso,
seleccionarase a persoa que gañe as probas de
preselección que se celebrarán previamente.

Na modalidade de Poomsaes o equipo representativo estará
integrado por un home e unha muller, esta cifra poderá ser
incrementada baixo criterio técnico se o regulamento técnico da
competición o permitira e se seleccionará á persoa
deportista cos mellores resultados nas dúas últimas tempadas.

3.- Exclusións:

Resérvase o dereito de excluír do equipo a aquelas persoas
deportistas que, aínda reunindo os méritos precisos
presenten algunha das seguintes circunstancias:

-Non acudir ás concentracións ás que se lles convoque sen causa
xustificada e coa antelación precisa.

-Non dar o peso requerido nalgunha das concentracións ou adestramentos.

-Presentar un estado manifesto de mala forma que indique falta de
adestramento e, polo tanto, un alto grao de
desinterese ou falta de compromiso.

4.- Para facer a selección valoraranse, por esta orde, os seguintes aspectos:

o          Resultados obtidos  no Campionato Galego Universitario
e/ou nas probas de selección, no caso de que se
convoquen.

o          Resultados obtidos en competicións oficiais ao longo da
tempada en curso.

o          Valoración do/a responsable técnico/a.

Print Friendly, PDF & Email