Quedan convocadas e convocados todos/-as os taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a participar nas probas selectivas  para configurar o equipo que representará a esta universidade nos próximos Campionatos de España Universitarios de Taekwondo, segundo o seguinte calendario:

-Sábado 21 de febreiro: combate.

-Domingo 8 de marzo: poomsaes.

Ambas seleccións levaranse a cabo no ximnasio As Sport de Vigo ás 11.00. Os responsables técnicos son Erea Andrade e Salvador Fontán.

É preciso estar inscrito/-a previamente no aplicativo Campus Activo. Límite prazo de inscrición no aplicativo: xoves 19 de febreiro ás 23.59.

Os Campionatos de España Universitarios de Taekwondo 2026 celebraranse os días 8 e 9 de maio na cidade de Granada.

Toda a información en:

https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=5008

 

  1. Nivel deportivo mínimo exixido para a competición:

o                Estar en posesión do grao de cinto vermello e cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións

  • Ser medallista no Campionato de España absoluto, Sub-21 ou júnior de Taekwondo  nas dúas últimas edicións celebradas.
  • Ser medallista no Campionato de España Universitario  de Taekwondo nas dúas últimas edicións celebradas.
  • Ser medallista no Campionato Autonómico absoluto, Sub-21 ou júnior de Taekwondo na última edición celebrada.

o                Se non cumprise ningún dos criterios anteriores o/a  asesor técnico podería ter en conta os resultados en competicións nacionais e internacionais acadados polo/a aspirante nas últimas tempadas e a súa traxectoria deportiva xeral.

 

2.- O equipo representativo da Universidade de Vigo estará integrado, na modalidade de Combate, por un alumno e unha alumna por cada un dos pesos que inclúa o programa de competición. Cando o/a deportista seleccionado/a fose o/a medallista de ouro do CEU da edición anterior, excepcionalmente poderá engadirse nesa categoría e peso un/unha segundo/a deportista, sempre que cumpra os requisitos do punto 1 e que o permita o regulamento técnico da competición.

No caso de presentarse varias persoas deportistas do mesmo peso seleccionarase a persoa que gañe as probas de preselección.

Na modalidade de Poomsaes o equipo representativo estará integrado por un home e unha muller, esta cifra poderá ser incrementada, baixo criterio técnico, se o regulamento técnico da competición o permitira e se seleccionará á persoa deportista gañadora das probas de preselección.

No caso de que unha persoa deportista acadara a medalla de ouro nalgún dos dous últimos CEUs celebrados, ou fose medalla nunha competición internacional universitaria, e perdese a proba de preselección, valorarase polo/a asesor/a darlle a posibilidade de participar.

 

3.- Exclusións:

Resérvase o dereito de excluír do equipo a aquelas persoas deportistas que, aínda reunindo os méritos precisos presenten algunha das seguintes circunstancias:

-Non acudir ás concentracións ás que se lles convoque, sen causa xustificada e coa antelación precisa.

-Non dar o peso requerido nalgunha das concentracións ou adestramentos.

-Presentar un estado manifesto de mala forma que indique falta de adestramento.

 

4.- Para facer a selección valoraranse os seguintes aspectos:

-Resultados obtidos  no Campionato Galego Universitario e/ou nas probas de preselección, no caso de que se convoquen.

-Resultados obtidos en competicións oficiais ao longo da tempada en curso.

-Valoración do/a responsable técnico/a.

Print Friendly, PDF & Email