ELECCIONS 2026
DE: Juan Carlos López Eiriz. Presidente da FGT.
A: Sres. Membros da Asamblea Xeral da FGT
ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.
A Coruña, 28/09/2026
Estimado señor:
Pola presente teño o pracer de convocalo á reunión de carácter extraordinario da Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo se celebrará o vindeiro
15 de outubro de 2026 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, dando comezo ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Comprobación de quórum.
2.- Modificación do regulamento electoral proposto en asamblea de 28 de marzo de 2026 e actualización do calendario electoral da FGT a instancia da Secretaría Xeral para o Deporte.
3.- Aprobación por parte da Asamblea para facultar ó presidente da FGT a introducir as modificacións no Regulamento Electoral ou calendario necesarias para cumplir coas necesidades electorais, evitando a necesidade de convocar novamente unha reunión da Asamblea Xeral.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
Juan Carlos López Eiriz.- Presidente








