Rematou o Mundial Cadete de Fujairah (Emiratos Árabes) coa participación de Dani Abeijón (-41, Natural). O taekwondista galego perdeu na primeira rolda ante Tamirbek Otabekov (Usbequistán), nun combate tremendamente disputado.
No primeiro asalto, Dani foi superior e logrou impoñerse cunha ampla diferenza, pero a partir de ahí se igualou todo. No segundo round, ía Abeijón por diante no marcador, pero o rival puido remontar e levar o combate ao terceiro asalto.
No desempate, o galego volveu poñerse por diante (3-0), pero Otabekov igualou cunha patada á cabeza e a partir dese momento houbo intercambio de golpes e puntos, para finalizar con vitoria do usbeco por só un punto (7-6). Bo combate de Dani fronte a un gran rival.
Así, o taekwondo galego pechou o Mundial Cadete coa medalla de bronce de Ángela Balado (+59, Mat´s), conseguida o martes despois de vencer a tres rivais e perder na semifinal ante Lorena Opacak (Croacia). Ademais, hai que destacar a participación de Arianna Deibe (-51, Kwon Betanzos), que competiu o luns e caeu na segunda rolda.








