Rematou a participación de Galicia na President´s Cup de Hellsinborg (Suecia) cunha medalla, grazas a magnífica actuación de Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport), que acadou o bronce.

A boirense gañou 3 combates con resultados bastantes cómodos e amosou a súa enorme progresión. En primeira rolda superou á italiana Stefanie Kerschbamera por un claro 15-4, para posteriormente enfrontarse á turca Saglik, onde volveu a amosar unha gran serenidade e firmeza (10-3). En cuartos de final, na loita pola medalla, venceu á rusa Mariia Petrovskaia tamén con bastante superioridade (9-1). Na semifinal esperaba outra turca Zehra Begum Kavukcuoglu, que logrou meterse na final nun combate axustadísimo, que caeu a favor da turca (0-3). Gran traballo Desi!

Así foi a participación do resto dos deportistas que ían convocados pola Federación Galega de Taekwondo nas categorías cadete e júnior.

 Sebastián Medranda (-63, Mace Sport) gañou o primeiro combate ao representante holandés Dion Weidum con solvencia (6-12), pero na seguinte rolda tivo como rival ao turco Kesgin, quen logrou escaparse no primeiro asalto, e Sebastián xa non puido remontar a pesar do esforzo que fixo (10-30).

María Ferreiro (-46, Couto) tivo un sorteo complicado, xa que lle tocou a turca Aleyna Senyurt, que finalmente logrou a medalla de ouro. A turca foi por diante no marcador dende o inicio, aínda que María non se rendeu e logrou impactarlle en un par de acción ao casco. Ao final, 32-12 para a turca.

Noa Romero (-37, Natural Sport Riveira) foi a primeira en participar na categoría cadete. A galega caeu na primeira ronda por un resultado moi axustado 18-20 ante a campioa nacional de Francia, pese a facer un gran combate. Ao final todo se decidiu por pequenos detalles a favor da francesa.

Ademais de todos os nosos deportistas, non podemos olvidar a presenza da nosa xuiza internacional María Bautista.

Noraboa para todas e todos!

Print Friendly, PDF & Email