No día de hoxe competían catro dos nosos deportistas no Europeo Júnior de Marina D´Or. E non foi un bo día…
 
Giovanni Imparato (-55, Mace Sport) gañou en primeira rolda a Georgios Sakellariou (Grecia), pero en oitavos de final caeu ante o ruso Ali Aliev.
 
Os outros tres galegos perderon na primeira rolda. No mesmo peso, Alejandro Paz, Capi, do Natural, caeu ante Kristian Storsul Borgen (Noruega). Na categoría feminina, Diana Siota (-49, Couto) tivo que abandonar o tapiz por lesión cando ía gañando á búlgara Nikolet Kostova, mentres que María Ferreiro (-44, Couto) foi eliminada en oitavos pola croata Ivana Duvancic.
 
Unha experiencia internacional que suma na súa formación deportiva e xa hai que pensar na vindeira! Moito ánimo rapaces e a seguir traballando! 
 
No Europeo mañá continúa a competición con Cloe Iglesias e Pablo Patiño, ambos do Patiño Moaña. Moita sorte!!! Estaremos pendentes de vós!
#taekwondogalego
Print Friendly, PDF & Email