A FGT ten o pracer de anunciar que do 24 de febreiro ao 2 de marzo celebrararase en Bergondo (albergue xuvenil de Gandarío) o Stage Rumbo ao Europeo 2025, impartido polo gran Wanjin Kang.
O deportista de orixe coreana -campión mundial, campión dos Xogos Asiáticos e da Universiada, entre outros tantos títulos- estará en Galicia nestas datas impartindo este stage de técnica e freestyle. O departamento de Técnica da FGT programa este seminario co obxectivo prioritario de que as e os deportistas clasificados para o vindeiro campionato de Europa (abril, Estonia) cheguen o máis actualizados e preparados posible. Por este motivo, a federación correrá cos gastos de inscrición de todos os membros da selección galega.
Así mesmo calquera deportista ou técnico federado poderá asistir se así o desexa. A praza límite para inscribirse será o mércores 12 de febreiro e todos os pagos se canalizarán a través dos clubs, como se fai habitualmente.
Tedes toda a información no seguinte formulario:








