Era a primeira vez que a selección galega máster participaba no Open de España máster e os resultados foron excepcionais con dous ouros, dúas pratas e dous bronces para Galicia.
Tatiana Rivas (–67 quilogramos, de 40-44 anos, Hebe) e Jesús Couso Carrera (-80 quilogramos, máis de 50 anos, Hebe) acadaron a medalla de ouro no seu peso. No caso de Jesús ademais desbancou ao taekwondista que lograra o título de campión de España os últimos anos.
Cristobal Boudjenane (-68 quilogramos, +50 anos, Boudsport) e Jorge Simil (-68 quilogramos, de 40-44, Natural Sport) lograron a medalla de prata, mentres que Carlos Álvarez (+80 quilogramos, de 45-49 anos, Kae Sport) e Iván Figueroa (-80 quilogramos, de 40-44, Natural Sport) foron bronce. Iván tivo como rival na semifinal ao representante de Suecia, que participara no Europeo de Dublín hai uns anos (2019).
Noraboa a tod@s e a seguir traballando!!!