Francisco Rodríguez e Javier Fernández Alló lograron a medalla de ouro e Paula Treus, a prata, no Campionato de España de Parataekwondo que se celebrou hoxe en Málaga e no que tamén participou como xuíza a galega María Bautista.

 

Os ouros foron para Francisco Rodríguez e Javier Fernández Alló. Javier revalidou o título acadado o pasado ano, mentres que Francisco deu un salto e pasou do bronce ao ouro. Pola súa banda, Paula Treus logrou a medalla de prata. A selección galega de parataekwondo ía acompañada por Natalia Vázquez (responsable do equipo) e Bárbara di Martino (técnica).

Print Friendly, PDF & Email