Galicia tamén estivo presente no Open de Bulgaria de técnica e freestyle e acadou magníficos resultados. As e os nosos deportistas trouxeron para casa dúas pratas e dous bronces.

 

En técnica, o trío do Neka, formado por Alex Losada Rodríguez, Carlos Rey e Marco García, logrou unha fantástica medalla de prata en trío 1, tras facer un traballo excepcional e quedar a só unha décima do ouro.

 

En Freestyle houbo varios metais máis para o taekwondo galego. A prata foi para a parella de +18 anos formada por Tomás Fernández e Celia García (Tao), que se estrearon como parella nunha competición internacional con este magnífico resultado. Ademais, houbo medallas a nivel individual. Antón Sabín (Hebe) logrou o bronce en -17 anos categoría masculina, e na feminina foi Celia García (Tao) á que subiu ao terceiro chanzo do podio en + 18 feminino.

 

Aínda que quedaron sen medalla hai que destacar o fantástico traballo realizado polos dous Alex Losada, do Hebe e do Neka, xa que ambos quedaron  a só un pasiño da medalla nunha categoría con 41 participantes.

 

A todas e todos, noraboa equipo!!!

Print Friendly, PDF & Email