A galega Ekaterina Rebón (-59, Número Phi) acadou a medalla de bronce na final do Grand Prix júnior, que se celebrou esta fin de semana en Bucarest.
Foi unha fantástica experiencia para Ekaterina, que segue amosando unha enorme evolución. En primeira rolda enfrontouse a Sara Kraja (Montenegro), á que superou en tres asaltos. Nos cuartos de final tivo como rival á número 1 do ranking, a serbia Vanja Rankov, e a galega sorprendeuna e logrou a pase a semifinais en dous rounds. Na semifinal esperaba outra taekwondista serbia, nesta ocasión Nina Zecirovic, que logrou superar á Ekaterina en tres rifados asaltos. Por certo, Zecirovic finalmente acadou a medalla de ouro en Bucarest.
Na final do Grand Prix o bronce decídese nunha eliminatoria entre as dúas perdedoras das semifinais e a galega enfrontouse a Kala Midzor (Croacia), número 2 do ranking. Pero no tapiz foi Ekaterina a que demostrou unha gran superioridade para impoñerse en dous asaltos.
Noraboa Ekaterina!!! Un pasiño máis, unha experiencia máis, unha medalla máis!