Esta fin de semana (4 e 5 de maio) celébranse as fases provinciais do taekwondo escolar nas modalidades de combate e exhibición, nas que participarán preto de 750 (737) deportistas. En xogo está a clasificación para o Galego, que se disputará o día 25 de maio en Betanzos.

O sábado 4 celébrase a fase provincial da Coruña en Sada, mentres que o domingo terán lugar as de Pontevedra (en Ponteareas), Lugo (Begonte) e Ourense (en Ourense capital).

Moita sorte a tod@s os participantes!

Print Friendly, PDF & Email