Esta fin de semana celébranse unhas “Xornadas de convivencia en Taekwondo” no Concello de Marín, nas instalacións do CPR Sei San Narciso. Actividade gratuíta e subvencionada a través do Plan Corresponsables promovido pola Xunta de Galicia a través da Federación Galega de Taekwondo.
A iniciativa, desenvolvida polo club Dobok da Coruña, e coordinada polas adestradoras desta entidade, ofrece a posibilidade de que preto de 60 deportistas en etapa de formación convivan durante tres días (de venres a domingo) realizando actividades relacionadas coa iniciación á modalidade de combate, tales como: coñecemento dos fundamentos da normativa de combate, adestramento de habilidades motrices para esta modalidade e, sobre todo, valores de convivencia en equipo e de pasalo ben.
O club local, MAT’S e o SARES-TKD CANGAS súmanse ao proxecto como colaboradores. Ademais de contar con deportistas do club AS SPORT de Vigo, SIU de Bueu e do PATIÑO de Moaña.