Esta fin de semana (29 e 30 de abril) celebrarase en Mondoñedo a II Copa Ibérica Feminina, que este ano reúne a case duascentas participantes.

O pasado ano celebrouse a primeira Copa en Vilalba só na modalidade de combate e este ano os organizadores deron un paso adiante, incorporando a técnica. Este evento nace coa intención de por en valor o taekwondo feminino en todas as súas facetas, polo que todas as persoas que participan no torneo son mulleres (adestradoras, xuízas, deportistas…).

Este evento é organizado polo  Club de Taekwondo Vilalba Jansu, Federación Galega de Taekwondo e CD Biobardo, en colaboración co restaurante O Petisco e o Concello de Mondoñedo. Dende a organización, queren destacar o enorme traballo e implicación das nosas árbitras internacionais María Bautista e de Conchi Martínez neste evento.

Este ano, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, o torneo contará cun trofeo que será, a partir de agora, a imaxe da Copa Ibérica Feminina. Ademais, o club que se proclame gañador da Copa, trala suma dos puntos acadados tanto en combate como en técnica, recibirá o premio especial “O Petisco” de 400€.

 

 

Print Friendly, PDF & Email