Esta fin de semana celebrarase en Sada o Campionato Galego Infantil de Técnica, Exhibición e Freestyle. Foi tal o éxito nas inscricións recibidas (más de 600), que a Federación Galega veuse obrigado a dividir o torneo en dous días (en sesións de mañá e tarde). Ademais, polas medidas de protección anti COVID-19, non haberá público e as e os participantes terán unha hora de acceso á instalación, para evitar aglomeracións.
Unha das novidades deste campionato é que se recuperou a proba de parellas e tríos en infantil, algo que non se realizaba dende había varios anos, ao suprimir a Federación Española estas probas na categoría infantil. Iso si, só será puntuable para o ranking galego na proba individual.
O Galego de Técnica dividirase en tres sesións (sábado maña e tarde e domingo pola mañá) dado o número de inscricións. E o domingo pola tarde pecharase o Campionato coas modalidades de freestyle e exhibición. O torneo poderá ser seguido a través de streaming.
https://www.youtube.com/channel/UC0Nj3vrxczjoN9-UatOx55g
Esta proba será organizada polo Club Taekwondo Sada, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.