Esta fin de semana (7 e 8 de outubro) celébrase no Polideportivo da Fieiteira o Open Cidade de Ribeira, torneo que forma parte do circuíto do ranking galego de combate nas categorías cadete, júnior e absoluta. En total participarán uns 400 competidores/as, que representarán a máis de 60 clubs de Galicia, Castela a Mancha, Baleares, Canarias, Asturias  e Portugal, e 42 árbitros/as.

 

A competición comezará o sábado pola mañá coa categoría cadete, mentres que pola tarde continuarán coas categorías absoluta e máster, ademais de finalizar a cadete. O domingo pola mañá será a quenda para as e os júnior.

 

Durante o evento, o Natural realizará uns recoñecementos aos patrocinadores do club e a catro personaxes pola súa traxectoria profesional. Eles son Ignacio Granero (médico que colaborou coa entidade en moitos Cidade de Ribeira); Miguel Ruiz Rivas (técnico deportivo municipal), David Chipperfield (arquitecto de talla mundial) e Xosé Antonio Touriñán (actor, humorista e presentador galego).

 

O Club Natural Sport de Ribeira é o organizador por delegación da Federación Galega de Taekwondo, xunto ao Concello de Ribeira.

 

 

Print Friendly, PDF & Email