Intensa fin de semana a que se vivirá en Ourense coa celebración do Open de Ourense e do Campionato Galego Absoluto. Dous días intensos de competición no Pavillón Paco Paz coa participación de máis de 300 deportistas, 50 técnicos/as e algo más de 20 árbitros/as, respectando o protocolo FisiCovid.

 

O sábado, en sesión de mañá e de tarde, disputarase o Open de Ourense coa participación de máis de 200 deportistas das categorías máster, júnior, cadete e precadetes. Os combates celebraranse nas cinco pistas dispostas no Paco Paz de Ourense.

 

O domingo, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar o Campionato Galego Absoluto de Combate coa participación de preto de cen taekwondistas, que competirán nas catro pistas habilitadas para o Galego. No campionato poderemos gozar coa participación de destacados deportistas galegos, medallistas tanto a nivel nacional coma internacional. Sen dúbida unha gran oportunidade para gozar co taekwondo galego.

 

Print Friendly, PDF & Email