Esta fin de semana (16 e 17 de decembro) celebrarase no Pavillón dos Remedios de Ourense o Open Cidade de Ourense, puntuable para o ranking galego e con preto de un millar de inscricións.

 

O sábado 16 de decembro terá lugar a competición na modalidade de combate con case 400 participantes. Pola mañá (de 9:00 a 14:30 horas) será o momento das categorías máster, sénior, cadete e precadete, mentres que pola tarde competirán os júnior e infantís (de 16:00 a 20:00 horas).

 

O domingo (de 9:00 a 15:00 horas) estará adicado á técnica e o freestyle con preto de 600 participantes, e tamén será puntuable para o ranking galego. Ademais, celebrarase o Open Deputación de Ourense, para as categorías amateur.

 

A competición, organizada polo club Couto en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo, o Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Deputación de Ourense, desenvolverase nos seis tapices dispostos no Pavillón dos Remedios.

Print Friendly, PDF & Email