A selección galega máster realizou unha fantástica actuación no Open de España logrando un total de  medallas (6 ouros, 2 pratas e bronces) e sendo o equipo que máis puntos conseguiu no Open.

 

Os ouros foron para Ileana Rodríguez, Tatiana Rivas, Cristóbal Boudjenane, Jesús Couso, Ronald Pineda e Brais González, mentres que Iván Figueroa e Jorge Simil acadaron as medallas de prata e o bronce Eduardo Martínez.

 

En máster + 50, Jesús Couso (Hebe) logrou subir ao máis alto do podio en -80 quilogramos. No primeiro combate enfrontouse a un vello e complicado rival, Juan Alberto Ramos. Jesús perdeu o primeiro asalto, pero remontou en venceu nos dous seguintes para facerse co triunfo. A final foi ante José Ángel Domínguez e Couso venceu en dos asaltos de forma clara.

 

Houbo dobrete galego en máster 40-44 anos -68 quilogramos, con Iván Figueroa (Natural Sport Riveira) e Eduardo Martínez (Patiño) no podio.  O alemá Taoufik M. Skandrani foi o verdugo de ambos. Primeiro eliminou a Eduardo en semifinais en dous asaltos e despois na final a Iván que, a pesar de plantarlle cara en varios momentos, non puido supéralo.

 

En máster 45-49 anos, Jorge Simil (-68, Natural Sport) perdeu na final ante Franck Lawson (Canadá), nun combate moi axustado que se decidiu en tres asaltos, No primeiro impúxose Lawson, pero no segundo Jorge, cun mellor control da distancia, logrou gañar e empatar o combate. No terceiro round, a pesar de que Simil estivo por diante en moitos momentos, ao final se lle escapou a vitoria.

 

Brais González (35-39 anos, 80 quilogramos, Seung Sport) e Ronald Pineda (35-39 anos, -68, JFR) a pesar de estar sós na categoría, tiveron un combate amigable cada un. Ronald loitou contra un competidor alemán dun peso superior e ao que Ronald non puido impoñerse a puntos por unha notable diferenza de peso. Brais a súa vez fixo un combate amigable contra un competidor suízo ao que Brais empezou a dominar a metade do primeiro asalto, conseguindo unha cómoda diferenza de puntos.

E por último, sinalar que Ileana Rodríguez (35-39 anos, +67, Seung Sport), Tatiana Rivas (45-49 anos, -67 quilogramos, Hebe) e Cristóbal Boudjenane (+50 anos, -68, Boudsport) foron ouro.

Print Friendly, PDF & Email