A selección galega de técnica viviu unha intensa fin de semana en Londres, coincidindo dous eventos moi destacados a nivel internacional: o Open de Londres (G1) e a President’s Cup (G3). Galicia estivo presente en ambos, que outorgaban puntos para o ranking mundial e servían de preparación para o Mundial, cun balance de fantásticas actuacións e meritorios resultados.
No noso caso, a clasificación para o Mundial xa estaba conseguida, pero este tipo de citas permiten, ademais de sumar puntos, competir contra rivais internacionais de gran nivel —cos que poderán coincidir no futuro— e gañar experiencia en competicións deste nivel. Ademais dos taekwondistas, cómpre destacar a participación da xuíza galega María Bautista, que arbitrou tamén nos dous eventos.
A primeira proba en celebrarse foi o Open de Londres, con máis de 600 taekwondistas inscritos. Este foi o medalleiro galego:
🥇 OUROS
- Tomás Fernández: Sénior 1 e freestyle +18
- Adrián Vidal e Noa Luna: Parella -17
- Iago Gil e Bárbara Di Martino: Parella +18
- Irea Abuín, Inés Abuín, Miguel Barreiro, Pepe Soto e Rubén Galdó: Equipo freestyle +18
- Valeria López, Anitz García e Emma Santalices: Trío cadete
🥈 PRATAS
- Mateo Fernández: Parella júnior
- Inés Casal, Valeria Soto e Sira Ferreira: Trío cadete
- Dani Areán e Laura Álvarez: Parella 1
- Hugo Shtrakhov: Cadete
🥉 BRONCES
- Hugo Shtrakhov: Freestyle -17
- Adrián Vidal: Freestyle -17
- Pepe Soto: Freestyle +18
- Hugo Arnoso e Alicia Castro: Parella júnior
- Mateo Núñez: Júnior
- Brais Lombardero: Cadete
- Irea Abuín: Freestyle +18
- Nadia Blanco: Freestyle -17
Ademais, Tomás Fernández foi elixido MVP da competición tras conseguir dous ouros nas modalidades de técnica e freestyle.
President’s Cup
O domingo chegou a quenda da President’s Cup, no mesmo escenario e con gran parte dos mesmos protagonistas, e tamén cunha boa colleita de medallas galegas:
🥇 OUROS
- Inés Casal, Valeria Soto e Sira Ferreira: Trío cadete
- Dani Areán e Laura Álvarez: Parella -30
- Mateo Fernández: Trío júnior
- Irea Abuín, Inés Abuín, Miguel Barreiro, Pepe Soto e Rubén Galdó: Quinteto +18
🥈 PRATAS
- Valeria López, Anitz García e Emma Santalices: Trío cadete
- Irea Abuín: Freestyle +18
- Tomás Fernández: Freestyle +18
- Iago Gil e Bárbara Di Martino: Freestyle parella +18
- Nadia Blanco: Freestyle -17
🥉 BRONCES
- Hugo Shtrakhov: Cadete
- Noa Luna: Freestyle -17
- Rubén Galdó: Freestyle +18
- Tomás Fernández: Sénior -30
- Laura Álvarez: Sénior -30
E como broche final, a adestradora galega Noelia Pérez foi elixida mellor coach feminina da President’s Cup.
Unha actuación espectacular que demostra o nivel, o traballo e o talento da nosa selección.
Parabéns a todos e todas!








