Case trescentos nenos e nenas participaron na I Xornada Miudiños Corresponsables, que se celebrou o 14 de outubro no Pavillón do Gatañal. Foi unha actividade non competitiva, patrocinada polo Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo prioritario favorecer a conciliación familiar.
Así, moitos destes nenos e nenas tiveron a súa primeira aproximación ao taekwondo e dunha forma totalmente gratuíta, ao formar parte esta xornada do Plan Corresponsables da Xunta. Así a prioridade era coñecer un novo deporte e a novos amigos/as, nun entorno deportivo. Desta forma foi unha gran xornada de convivencia, no que o máis importante era divertirse facendo taekwondo.
Ao non ser unha competición, os trofeos foron diferentes. O Dobok se levou o premio ao club con máis participantes no evento (case trinta nenos/as); Juan Penas e Mara Alonso recibiron o premio aos árbitros con mellor desempeño en categoría base; e os trofeos aos técnicos/as polo seu xogo limpo foron para Víctor Delgado (Kwon) e Jéssica Romero (Valerics), na xornada de mañá, e Myriam García (Patiño) e Tiago Torea (JFR), na de tarde.
Dende o Sares TKD e a Federación Galega de Taekwondo, moitas grazas a todas e todos!