ELECCIONS 2026

DE: Juan Carlos López Eiriz. Presidente da FGT. 

A: Sres. Membros da Asamblea Xeral da FGT 

 

ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.

 

A Coruña, 09/03/2026

 

Estimado señor:

Pola presente teño o pracer de convocalo á reunión de carácter extraordinario da Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo se celebrará o vindeiro
28 de marzo de 2026 en Santiago de Compostela – CIDADE DA CULTURA, EDIF. CINC. AUDITORIO 2, dando comezo ás 13.00 horas en primeira convocatoria e ás 13.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte

 

 

ORDE DO DÍA:

1.- Comprobación de quórum.

2.- Aprobación do Regulamento Electoral e calendario electoral da FGT, revisados pola Secretaría Xeral para o Deporte o pasado 4 de marzo e co visto bo para presentar ante a asamblea para a súa aprobación se procede. Unha vez aprobado serálles remitido novamente para a súa ratificación definitiva ou proposta de calquera modificación se fose preciso.

3.- Elección da Xunta Electoral.

4.- Aprobación por parte da Asamblea para facultar ó presidente da FGT, á Xunta Directiva/Electoral /Comisión Xestora da FGT a introducir as modificacións no Regulamento Electoral que poidese suxerir a Secretaría Xeral para o Deporte se fose preciso, evitando a necesidade de convocar novamente unha reunión da Asamblea Xeral.

Adxúntase regulamento electoral e calendario.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.

Juan Carlos López Eiriz.- Presidente

Print Friendly, PDF & Email