DE: Juan Carlos Eiriz López – Presidente da FGT.
A: Sres/as. Membros da Asamblea Xeral da FGT
ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.
A Coruña, 14/02/2025
Estimado/a compañeiro/a:
Polo presente teño o pracer de convocalo/a á reunión de carácter ORDINARIO da
Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
5 de abril de 2025 en Santiago de Compostela – Salón de Reunións da Real Federación Galega de Fútbol, Estadio Multiusos Vero Boquete San Lázaro, dando comezo ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Comprobación de quórum.
2.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior se procede.
3.- Informe económico do ano 2024.
4.- Informe da presidencia do ano 2024.
5.- Informe dos distintos departamentos do ano 2024.
6.- Proxecto económico para o ano 2025.
7.- Proxectos dos distintos departamentos para 2025.
8.- Calendario deportivo para o ano 2025.
9.- Propostas dos señores membros.
10.- Rogos e preguntas.
Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso.
Asdo. Juan Carlos Eiriz López
Presidente
NOTA: Calquera proposta que deba de ser debatida na asamblea xeral deberá
remitirse á sede da FGT antes do día 24/03/2025 vía email a
administración@taekwondogalego.com para facerlla chegar ós asistentes con
anterioridade á celebración da asamblea. Aquelas peguntas que requiran dispor
dunha información específica deberán de ser remitidas no mesmo prazo para
poñer toda a información ao respeto a disposición dos asistentes.
EN BREVE REMITIRASE DOCUMENTACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS.








