A selección galega acadou dous ouros, tres pratas e seis bronces no Campionato de España Júnior, que se celebrou este domingo en Tarragona. Ademais, na clasificación xeral por equipos, Galicia foi terceira na categoría feminina.

 

Os ouros foron para Tomasa Franco e Carla Sesar, mentres que Roi Fraga, Víctor Videla e Antón Quintela lograron a prata. Os seis bronces foron para: Luís Fero, Pablo Carreira, Thiago Segade, Ayrton Iglesias, Andrea Videla e Venus Izegbe Vilaseco.

 

Tomasa Franco (-59, Natural Sport) tivo que gañar catro combates para acabar proclamándose campioa de España do seu peso. Comezou a competición ante Natalia González (Castela a Mancha), para continuar fronte á madrileña Tania Pavel. Na semifinal deu boa conta de Irene Soriano (Aragón) e na final non lle deu opcións a Miriam Alfonso (Andalucía).

 

O segundo ouro galego foi para Carla Sesar (Natural Sport) en -55 quilogramos. Carla arrincou o torneo ante Nuria Miralles (Comunidade Valenciana) nos oitavos de final, para continuar aos cuartos onde se enfrontou, tamén con éxito, a Elena Valverde (Castela a Mancha). Na semifinal esperaba Lucía Troyano (Baleares) e Carla volveu triunfar e rematou a súa traxectoria impecable coa vitoria na gran final ante a catalá Eva Blesa.

 

Pratas

Roi Fraga (-63, Número Phi) acadou a medalla de prata nun dos pesos con máis competidores (26). O galego fixo un total de cinco combates. En primeira rolda superou a Ander Romero (Euskadi); despois a Xabier Tejero (Navarra) e nos cuartos de final a Pablo Lopezvila (Andalucía). Nicolás Fernández (Valencia) foi o rival na semifinal e o galego volveu vencer e logrou así un oco na gran final onde esperaba Marcos López (Castela e León), que foi o que acadou o título de campión de España.

 

Mesmo metal para Víctor Videla (-48, Natural Sport), taekwondista que arrincou o campionato ante Ángel Aguiló (Madrid), para continuar fronte ao andaluz Stefan Dinu. A semifinal foi contra Gabriel Rodriguez (Comunidade Valenciana). Na final perdeu ante o balear Bernat Nadal.

 

En -78 quilogramos, houbo dobrete galego no podio, con Antón Quintero (prata) e Luís Fero (bronce). Antón Quintero (Kwon) librou o primeiro combate e na segunda rolda gañou a Alejandro Fernández (Madrid), despois a Adam Benchahba (Valencia) e na final perdeu con Hugo García (Cataluña).

 

Pola súa banda, Luís Fero (-78, Boudsport) eliminou en primeira rolda a Miguel Sagreras (Baleares) e así se meteu nos cuartos, onde venceu a Adrián Matilla (Navarra), para así asegurar o seu bronce. No asalto á final perdeu ante Hugo García (Cataluña), quen posteriormente venceu na final ao tamén galego Antón Quintero.

 

E seguimos cos bronces galegos. Pablo Carreira (-55, JFR Taekwondo) superou en primeira rolda ao canario Besay Diepa e despois ao valenciano Joan Salvador, para meterse na semifinal onde esperaba Anwar Benteib (Cataluña). Aquí o galego non puido seguir avanzando, e logrou a medalla de bronce.

 

Thiago Segade (-51, Natural Sport), Gañou tres combates: Manuel Marques (Baleares),  Enol Pérez (Asturias) e Marc Zurita  (Valencia). So perdeu na semifinal ante o catalán Nicolás Calvo.

 

Ayrton Iglesias (-68, Número Phi). En primeira rolda superou a Omar Elhallali (Aragón); posteriormente a Erik Gali (Baleares) e na semifinal caeu ante Danila Khabarov (Valencia).

 

Andrea Videla (-42, Natural Sport) logrou a medalla de bronce despois de vencer en dous combates. No primeiro superou a Alba Pozo (Madrid) e nos cuartos a Mireia Fernández (Valencia). Iso si, non puido na semifinal con Nuria Quiñonero (Baleares), quen finalmente acadou o ouro.

 

Venus Izegbe Vilaseco  (-63, BoudSport) gañou en primeira rolda a Irene Betancort (Canarias) e nos cuartos de final eliminou a Eloisa Cases (Aragón), para garantir así a súa medalla. Na semifinal non puido coa balear Adriana Gónzalez, deportista que se proclamou campioa de España.

Print Friendly, PDF & Email