A Federación Galega de Taekwondo completou unha destacada actuación na Copa do Rei de Pesos Olímpicos, celebrada esta fin de semana na Nucía (Alacante), logrando a cuarta posición por comunidades na clasificación xeral. Alex Pazos (-58, Taekanart) proclamouse campión no seu peso, mentres que Iago Mallo (Tao) foi bronce en -68 quilogramos.

 

Ouro para Álex Pazos

O gran protagonista da xornada foi Álex Pazos, que se proclamou campión en -58 quilogramos tras impoñerse con autoridade nos seus tres combates. Un ouro de moito mérito que confirma o excelente momento deportivo do galego.

 

Bronce para Iago Mallo

En -68 quilogramos, Iago Mallo completou un magnífico campionato, alcanzando as semifinais. Finalmente, non puido acceder á final, pero selou unha actuación brillante que lle valeu un bronce moi traballado.

 

Pola súa banda, Julio Iglesias Doval (-68, Couto)  e Tudor Ciobanu (+80, Hebe) non puideron superar as súas primeiras roldas, malia ofrecer un bo nivel competitivo nos seus respectivos combates.

 

Noraboa a todos rapaces!!! Seguimos traballando!!

 

 

Print Friendly, PDF & Email