A participación galega no Open de España nos dous primeiros días deixou un balance moi destacado, especialmente na categoría júnior, onde Galicia arrasou na clasificación por equipos ao proclamarse mellor equipo en categoría masculina, feminina e tamén na xeral.
A Selección Galega acadou un total de 13 medallas: 5 ouros, 3 pratas e 5 bronces, aos que hai que engadir unha medalla máis de Paula Purriños (Kwon Betanzos), que conseguiu o bronce na categoría de -68 kg competindo co seu club.
Os títulos foron para Daniel Agra (-55 quilogramos, Mat´s), Nicolás Casas (-51, Mace Sport), Lucas Corbacho (-48, Taekanart), Mencía Villar (-44, Kwon Betanzos) e Ángela Balado (+68, Mat´s).
As medallas de prata foron para Mario López (-78, Patiño Moaña), Nahur Salas (+78, Sares Cangas) e Ammy Ndong (-52, Natural Sport).
Pola súa banda, os bronces recaeron en Antón Quintero (-78, Kwon Betanzos), Pablo Antelo (-73, Kae Sport), Venus Vilaseco (-63, Boudsport), Alba Román (-63, Tao) e Andrea Videla (-44 Natural Sport).
Categoría cadete
Na categoría cadete, a selección galega sumou un total de nove medallas: unha prata e oito bronces. Ademais, hai que sumarlle a medalla conseguida por Gabriel Amado (-49 quilogramos), que viaxou co seu club, o Maniotas.

A medalla de prata foi para Noreia Vales (-55 kg, Dobok). En canto aos bronces, foron acadados por Pablo Suárez (-45 kg, JFR), Dimitro Kushniruk (-53 kg, TKD Nodo), Álvaro Lamas (-57 kg, Dobok), Hugo Matilla (-61 kg, Tao), Adrián Bello (+65 kg, Kwon), Daniela Rodríguez (-29 kg, JFR), Icia Riveiro (-29 kg, Leam) e Laura Pena (-33 kg, Dobok).
Noraboa a todas e todos!








