Esta fin de semana celebrouse o Open de Luxemburgo (G-2), con máis de 1.200 participantes, entre os que se atopaba un bo número de taekwondistas galegos que, unha vez máis, amosaron o seu gran nivel.

 

Desta forma desprazáronse deportistas do BoudSport, Natural, Kae Sport e Suh Sport e houbo medallas para os catro clubs e moi boa actuación en liñas xerais. Ademais, coa Federación Española viaxou o galego Pablo Patiño (-68), que quedou as beiras da medalla ao perder nos cuartos ante Simur Mirorziev (Ucraína) en tres asaltos e con problemas físicos para o galego.

 

Imos coas medallas. O Suh Sport logrou dúas preseas, unha delas na categoría sénior. Desireé Rivadulla (+73, Suh Sport) acadou o bronce despois de superar nos cuartos de final a Sarah Di Sinno (Francia) en dous asaltos. Na semifinal enfrontouse a polaca Dagmara Haremza, pero non puido con ela, que se proclamou campioa do Open de Luxemburgo.

 

Na categoría júnior, Pablo Torrado (-49, Suh Sport) foi bronce e tivo que retirarse por lesión, sen poder competir ata o final. No primeiro combate superou en dous asaltos a Jordan Horswell (Gran Bretaña) e nos cuartos ao alemán Batu Yasar Ozkan. Pero xa non puido loitar na semifinal ante Ichem Hoarau Hoarau (Francia), que finalmente logrou o ouro.

 

Do BoudSport hai que destacar dous primeiros postos. Na categoría júnior, Mateo Boudjenane (- 68, BoudSport) acadou a medalla de ouro tras vencer en catro combates. Nos oitavos de final superou a Pedro Mendoca (Portugal) en dous asaltos; en cuartos ao español Andoni Pujor (2-1); na semifinal ao croata Miro Jurkic 2-0 e na final impúxose ao representante de Francia Miguel Moncef (2-0).

 

 

O segundo ouro foi para a cadete Venus Izegbe Vilaseco Ogala (-51, BoudSport) quen superou en primeira rolda á alemá Ilma Kurtanovic (2-1); en segunda a Ayla Gabriele Akin (Alemaña); en semifinais a Anna Aukland (Suecia) e rematou o seu percorrido vencendo na final á belga Ema De Simone (2-1).

 

O Kae Sport tamén logrou un metal na categoría júnior. Javi Otero (-51, Kae Sport) logrou a medalla de prata despois de disputar catro combates. Na segunda rolda vence por 2-0 ao francés Chahid Ait Nacer; nos cuartos supera a Carlos Collados (España) e na semifinal ao tamén español Francisco Pina. A todos, en dous asaltos. Na final, un vello coñecido, o alemán Gumus, e foi unha loita moi fermosa e axustada que se decidiu a favor do alemán por moi pouco (2-1).

 

E rematamos coas tres medallas do Natural Sport. En – 49 quilogramos temos un dobrete con Noa Romero (Natural) coa medalla de prata e Tomasa Franco (Natural) co bronce. Tomasa venceu a Lou Graffe (Luxemburgo) en dous asaltos e nos cuartos de final eliminou a Nurselin Aydemir (Alemaña) tamén sen dar opción ao desempate. Pero na semifinal, cruzouse coa súa compañeira de club, Noa Romero e aquí rematou a traxectoria de Tomasa. Pola súa banda, Noa venceu a Sarah Wilhelm (Alemaña); Lily Kingsley (Gran Bretaña) e Tomasa Franco, en dous asaltos e so perdeu na final ante Mah Teninba Fofana (Francia).

 

Ademais, Carla Sesar (-55, Natural) logrou o bronce na categoría júnior, tras vencer a Lyna Zouzoua (Francia) e Alexandra Ribakov (Alemaña), en dos asaltos. Na semifinal perdeu ante a francesa Divine Luccia Dagnet en tres asaltos.

 

Noraboa a tod@s!!! Seguimos aprendendo! #TaekwondoGalego

Print Friendly, PDF & Email