Galicia proclamouse esta fin de semana campioa de España de Técnica e Freestyle no campionato estatal celebrado en Sevilla, tras acadar un impresionante medalleiro composto por 22 ouros, 16 pratas e 16 bronces, sumando un total de 54 medallas.

 

Estes resultados permitiron á Federación Galega de Taekwondo revalidar o título estatal e consolidar o seu liderado no panorama nacional. En Sevilla as e os nosos deportivas volveron demostrar a súa fortaleza e preparación en todas as modalidades (técnica, freestyle e parataekwondo), nunha proba que ademais era clasificatoria para o Campionato do Mundo que se celebrará este ano en Corea no mes de setembro.

 

TÉCNICA (POOMSAE)

A participación galega deixou un amplo medalleiro en todas as categorías de idade: 28 medallas (8 ouros, 8 pratas e 12 bronces).

 

Ouro

Cadete masculino: Hugo Shtrakhov (Hebe)

Sénior 1 feminino: Laura Álvarez (Neka)

Máster 3 feminino: Bea Queiro (Omnihum)

Parella 1: Laura Álvarez e Dani Areán (Neka)

Parella 50-60 feminino: Seung Han Shin (Han´s Horang I) e Esperanza Fernández (Couto)

Trío cadete feminino: Anitz García, Emma Santalices, Valeria López (Couto)

Trío 1 masculino: Carlos Rey, Marco García, Alex Losada (Neka)

Trío 2 feminino: Virginia Sixto (Patiño), Elena González (Omnihum), Begoña Veiga (Han´s Horang I)

 

Prata

Júnior masculino: Mateo Fernández (AC TKD)

Sénior 1: Alex Losada “Camba” (Neka)

Máster 2 masculino: Seung Han Shin (Han´s Horang I)

Sénior 2 feminino: Elena González (Senior 2)

Trío cadete masculino: Brais Lombardero (AC TKD), Julián Pumar (Han´s Horanh I), Hugo Sánchez (AC TKD)

Trío cadete feminino: Inés Casal (Neka), Valeria Soto (Patiño), Sira Ferreira (Patiño)

Trío júnior masculino: Mateo Fernández (AC TKD), Iago Cividanes (Omnihum), Gianluca Santomé (Hebe)

Trío feminino 2: (Elvira Gómez (Omnihum), Ana Torres (Couto) e Ileana Rodríguez (Seung Sport)

 

Bronce

Cadete masculino: Anitz García (Couto)

Sénior 1 masculino: Tomás Fernández (Tao)

Máster 1 feminino: Virginia Sixto (Patiño)

Máster 2: Esperanza Fernández (Couto)

Parella cadete: Brais Lombardero (AC TKD) e Emma Santalices (Couto)

Parella júnior: Xiana Prol e Iago Otero (Couto)

Trío júnior feminino: Alia Álvarez (Patiño), Leire Alonso (Omnihum), Valeria Videira (Hebe)

Trío 1 feminino: Lucía Losada (Tao), Lucía Roca (Neka) e Uxía Calvo (Tao).

Trío 2 masculino: Guillermo Reboreda (Kiap), Alberto Neira (Muga Dojang), Efrén Alonso (Kiap)

Trío 3 masculino: Santiago Pazos (Sey), Juan José Costa (Tao) e Ariel Santiago (Tao)

Trío 4 masculino: Aureliano Gil (Patiño), Fidel Rodríguez (Kiap), Juan Carlos Penas (Leam)

Trío 3 feminino: Ana Belén Vieira (Kiap), Luz Couto (Mace Sport), Arancha Rial (Sey)

 

Ademais, varios deportistas galegos competiron en equipos DSA (Deportista Supra Autonómico), logrando o título de campións e clasificándose directamente para o Mundial de Corea nestas categorías. Eles son:

Mateo Núñez (Trío júnior)

Sara Pena e Ana Llin Shin (Trío 1)

Bea Queiró (Parella +60)

Jessy Sun Shin (Trío júnior feminino)

 

FREESTYLE

En Freestyle, Galicia volveu demostrar a súa capacidade competitiva acadando un total de 16 medallas (5 ouros, 7 pratas e 4 bronces).

 

-17 Masculino

Prata: Pierre Lacan (Hebe)

Bronce: Iván Pena (Han´s Horang I)

 

-17 Feminino

Ouro: Nadia Blanco (TKD Sada)

Prata: Aroa Riobó (Hebe)

 

Parellas -17

Ouro: Adrián Vidal (TKD Sada) e Noa Luna (Yidam)

Prata: Pierre Lacan e Aroa Riobó (Hebe)

 

Equipo -17

Ouro: Nadia Blanco, Adrián Vidal, Manuel Montero, Alba Caridad, Hugo Arnoso (TKD Sada)

Prata: Xavi Juncal, Mario Ríos, Gianluca Santomé, Aisha Oya, Sara Pena (Hebe)

 

+18 Masculino

Prata: Tomás Fernández (Tao)

Bronce: Rubén Galdó (TKD Sada)

 

+18 Feminino

Prata: Irea Abuín (TKD Sada)

Bronce: Nuria Rodríguez (Hebe)

 

Parellas +18

Ouro: Iago Gil e Bárbara Di Martino (Hebe)

Bronce: Xulia González e Miguel Barreiro (Yidam)

 

Equipo +18

Ouro: Pepe Soto (TKD Sada), Irea Abuín (TKD Sada), Rubén Galdo (TKD Sada), Inés Abuín (TKD Sada), Miguel Barreiro (Yidam)

Prata: Iago Gil, Bárbara Di Martino, Lucas Yelo, Nuria Rodríguez, Antón Sabín (Hebe).

 

PARATAEKWONDO E INCLUSIÓN

O Campionato deixou tamén grandes resultados no ámbito do parataekwondo con 10 medallas: 9 ouros e 1 prata.

 

Ouro

Daniel Barreiro (Hebe)

Abel Moreira (Patiño)

Milton Jackson Mosquera (Kae Sport)

Aitana González (Leam)

Paula Treus (Costado)

Francisco Javier Fernández (Costado)

Francisco Rodríguez (Costado)

Parella: Daniel Barreiro e Martiño Freijido (Hebe)

Parella: Milton Jackson Mosquera (Kae Sport) e Aitana González (Leam)

 

Prata

Martiño Freijido (Hebe)

 

Tamén participaron, aínda que fóra de competición oficial:

 

Roi Molina (SSIU), Brais Fernández (Omnhium) e Mario Pizcueta (Hebe).

 

Cómpre destacar a presenza de parellas de dúo inclusivo, integradas por deportistas convencionais e non convencionais, agradecendo especialmente a colaboración dos clubs TKD Sada, Neka, Hebe, Omnhium e Yidam polo seu compromiso coa inclusión. Entre os deportistas convencionais participantes estiveron Noa Luna, Nadia Blanco, Adrián Vidal, Carlos Rey, Bárbara Di Martino, Elena González e Aroa Riobó.

 

Ademais, competiu tamén en dúo inclusivo Noelia Pérez, directora técnica do departamento de Poomsae, que se despide deste cargo subindo unha vez máis ao podio coa selección galega nunha competición especialmente emotiva.

Print Friendly, PDF & Email