Galicia volveu demostrar no Campionato de España de Técnica Individual que é unha potencia nesta modalidade, logrando un total de tres ouros, dúas pratas e tres bronces. Con estes resultados, Galicia proclamouse campioa de España por equipos na categoría masculina e subcampión na feminina.
A continuación, tedes as medallas:
CADETE:
Jessy Sun Shin Veiga – BRONCE
JÚNIOR:
Marco García – OURO
Laura Álvarez – OURO
Yaiza Velo – BRONCE
SÉNIOR 1:
Alejandro Losada Rodríguez – OURO
Tomas Fernández Herrerin – PRATA
Raquel Guillén – PRATA
SÉNIOR 2:
Roi Pereira – BRONCE
Así rematou a xornada de hoxe en La Nucía para os taekwondistas da modalidade de poomsae. Mañá continuarán coas parellas e tríos, ademais do freestyle.