As e os nosos deportistas volveron facelo. Un ano máis renderon a un nivel altísimo e no campionato de España celebrado en La Nucia (Alacante), Galicia logrou proclamarse campioa de España de técnica individual. En total foron 2 ouros, 2 pratas e 5 bronces. Mañá continúa a competición con parellas e tríos (técnica) e freestyle.

 

De destacar a actuación dos nosos deportistas en sénior 1 masculino, onde tivemos a tres representantes no podio. Tomás Fernández (Tao), que o pasado ano competía en júnior, deu un salto de categoría espectacular ao proclamarase campión de España sénior por diante dos laureados internacionais Alex Losada Rodríguez (Neka) e Alex Losada García (Tao), que nesta ocasión foron bronce. Ademais, en sénior 1 feminino Raquel Guillén (Tao) volveu amosar a súa superioridade e acadou a medalla de ouro neste Campionato de España.

 

E continuamos coas medallas galegas. Na categoría cadete prata para Lucas Yelo (Kiap) e bronce para Hugo Arnoso (TKD Sada). En júnior tamén houbo premio para dúas taekwondistas galegas: Yaiza Velo (TKD Sada) foi prata e Laura Álvarez (Neka), bronce. E rematamos coa categoría sénior 2, na que Roi Pereira (Tao) logrou o bronce.

 

Así rematou a xornada de hoxe en La Nucia para os taekwondistas da modalidade de poomsae. Mañá continuarán coas parellas e tríos, ademais do freestyle.

 

Como xa sabedes, este é o torneo que dá a puntuación máis alta para a clasificación do Campionato do Mundo de Korea, que se celebrará no mes de abril. Tras esta importante cita, so queda o Open de Andalucía (6 de marzo) e  xa coñeceremos a selección que participará neste Mundial.

 

 

Print Friendly, PDF & Email