Galicia proclamouse gañadora do Open Internacional de Andalucía na clasificación por equipos categoría absoluta. As e os deportistas galegos conseguiron en total tres ouros (José Fernández, Isaac Blanco e Alma Pérez), catro pratas (Rubén Troitiño, Giovanni Imparato, Lorena Pardo e Elisabth Piedras) e tres bronces (María González, Dani Corrales e Desiree Rivadulla).
Final galega en -80 quilogramos. José Fernández Rey (Natural Sport) logrou a medalla de ouro tras superar a Rubén Troitiño (Mat´s) de forma clara. Antes, José venceu a Manuel Aranda (11-8) e na semifinal a Miguel Ángel Campaña (7-18). Pola súa banda, Troitiño superou nos cuartos a Jesús Serrano (17-21) e na semifinal a Juan Onieva (10-6). Precisamente Onieva vencerá en primeira rolda ao galego Brais Iglesias (Natural Sport).
A segunda final galega a tivemos en -58 quilogramos. Isaac Blanco e Giovanni Imparato foron os protagonistas desde duelo entre galegos e o triunfo foi par ao primeiro nun axustadísimo combate. Antes, Isaac gañou a Jesús Serrano (2-30), Daniel Domínguez (29-8); e Jonathan Domínguez, na semifinal (3-24). Pola súa banda, Giovanni superou con facilidade a Sotillo nos cuartos (8-30) e a Daniel Quiñonero na semifinal (39-29).
Na categoría feminina, ouro para Alma Pérez (-57, Suh Sport). Na semifinal venceu a Andrea Teodoroa por 12-9 e na final enfrontouse a veteranísima finlandesa Suvi Mikkonen (dúas veces olímpicas). Alma venceu 10-4.
Lorena Pardo (-67, Garrapucho) acadou a medalla de prata ao superar na semifinal a Sonia Roldán (2-13). Na final foi superada por María Jiménez nun apertado combate (3-2).
En -49, bronce para María González (Couto) que venceu nos cuartos a Ana Jiménez (8-6). Na semifinal non puido con Adriana Cerezo, que finalmente acadou a medalla de ouro.
En +80 quilogramos Dani Corrales (Patiño) logrou a medalla de bronce. O galego superou nos cuartos de final a Raúl Dalí (15-1) e foi eliminado na semifinal por Álvaro Leo (1-6), que finalmente logrou o ouro. No mesmo peso, Jesús Veiga (Maniotas) perdeu en primeira rolda.
En +67 quilogramos feminino, escasa participación e dúas medallas galegas. Desiree Rivadulla (Suh Sport) cae una semifinal ante Belén Morán, que na final tamén derrotou a Elisabeth Piedras (Patiño).