Galicia proclamouse gañadora da clasificación masculina por equipos e tercera na clasificación xeral na categoría júnior do Open de España, que se celebrou esta fin de semana en La Nucía (Alacante).
Equipo masculino
Os nosos taekwondistas acadaron unha medalla de ouro (Roi Fraga), unha prata (Víctor Videla) e tres bronces (Luis Fero, Thiago Segade e Yago Sande).
Roi Fraga (-68m Nº Phi) proclamouse gañador do Open de España tras superar catro aliminatorias. Na final, o galego gañou ao belga Ilias Louchi.
En -48 quilogramos, Víctor Videla (Natural Sport) logrou a medalla de prata. Víctor venceu en dous combates e so perdeu na loita polo ouro ante o balear Bernat Nadal, unha final cos mesmos protagonistas que no campionato de España e tamén idéntico resultado.
Na categoría masculina, a Federación Galega de Taekwondo sumou tres bronces: Luis Fero (-78, Boudsport), Thiago Segade (-51, Natural) e Yago Sande (-45, Maniotas)
Categoría feminina
A selección galega júnior feminina sumou un ouro e dous bronces no Open de España. O ouro foi para Carla Sesar (-55, Natural), que está a facer unha tempada excepcional. O pasado mes venceu no Open de Bulgaria e no campionato de España e agora no Open de España. En La Nucía gañou catro combates para facerse coa primeira posición e seguir sumando triunfos e confianza.
Ademais, hai que sumar os bronces de Venus Izegbe Vilaseco (-63, Boudsport) e de Andrea Videla (-42, Natural).
E viaxando co seu club, Adriana Naveiro (-59, Kwon) logrou o bronce, despois de superar dúas roldas e perder na semifinal ante a belga Serina Badji, que finalmente logrou a vitoria no Open.








