Volven as competicións e as saídas das e dos nosos deportistas! Onte pola noite saiu a expedición galega en dirección a Córdoba onde se celebrará mañá 19 de decembro o XII Open Internacional de Andalucía, con todas as medidas de prevención anti COVID-19 necesarias.
A convocatoria galega está formada por dez deportistas da categoría júnior (que a pasada fin de de semana celebraron unha nova sesión de preparación no CGTD) e doce da categoría sénior, que van acompañados por dous árbitros (Alba Muñiz e Miguel Ríos), e os seleccionadores Miguel Cortegoso, Toño Ríos e Raúl Bouzas.
Nesta recuperación da normalidade case oito meses despois o máis importante é ir recuperando sensacións sobre o tapiz, así que o que lle pedimos ás e aos nosos deportistas é que desfrutene moito!!!
Na seguinte ligazón tedes a convocatoria do Open de Andalucía.