A selección galega cadete participou esta fin de semana no Open de Plasencia e acadou magníficos resultados ao lograr a primeira posición na clasificación por equipos, tanto na categoría cadete como na xeral.
Ademais, o taekwondo galego estivo representado polos clubs Natural Sport e Mace Sport, que acudiron cunha ampla participación e tamén con excelentes resultados.
A Federación Galega decidiu competir neste torneo con todos os medallistas do Campionato de España Cadete que aínda teñen opcións de representar a España no próximo Europeo, co obxectivo de chegar nas mellores condicións ao Open de España, última proba puntuable.
A selección galega cadete logrou un total de 11 ouros, 1 prata e 2 bronces.
Os ouros foron para:
Bruno García (-41, Número Phi)
Dimitro Kushniruk (-53, TKD Nodo)
Álvaro Lamas (-57, Dobok)
Hugo Matilla (-61, Tao)
Leyre de la Iglesia (-37, Natural)
Sainza Pellón (-41, Tao)
Erea Rábade (-44, JFR)
Alba Figueira (-47, BoudSport)
Noreia Vales (-55, Dobok)
Icia Sousa (-59, Leam)
Valeria Mallo (+59, Taekanart)
Pola súa banda, Juan Manuel Coma (-37, Mat’s) logrou a medalla de prata, mentres que Ainara Piñeiro (-33, Natural) e Valeria López (-44, Couto) conseguiron o bronce.
Tal e como indicabamos, tamén competiron e destacaron as e os taekwondistas que viaxaron cos clubs Natural e Mace.
Natural
A continuación detállanse as medallas acadadas polos deportistas do club de Ribeira, que venceu na xeral por equipos da categoría júnior e logrou a segunda posición en cadete.

Os ouros foron para María Soler (+68), Rocío García (-62), Alberto de la Iglesia (-59), Amy Ndong (-52), Satou Ndong (-44), Dafne Piñeiro (-59) e Matías Canle (-33).
Ademais, sumaron sete pratas e cinco bronces. Subiron ao segundo chanzo do podio Raúl Caballero (-68), Aroa Martínez (-59), Marian Sampedro (-59), Borja García (-49), Manuel de la Iglesia (-33), Jorge Simil (-68) e Iván Figueroa (-80).
Os bronces foron para Irune Piñeiro (-41), Marta Seco (-52), Claudia Millán (+73), Teo Millán (-53) e Rodrigo Fernández (-63).
Mace
Pola súa banda, os deportistas do Mace sumaron un ouro, unha prata e dous bronces. Na categoría absoluta, Adrián Martínez (-63) acadou a medalla de ouro, mentres que en júnior Nicolás Casas (-55) foi prata.
En precadete tamén houbo premio para dúas deportistas do Mace: Susana Casas (-33) e Noa Martínez (-33), que lograron a medalla de bronce.
Para todas e todos, medallistas ou non, noraboa polo traballo realizado!








