Chegou o momento da verdade. O Campionato de Europa de Técnica, Freestyle e Parapoomsae de Tallín abre as súas portas e Galicia preséntase a esta gran cita cun total de 31 deportistas e unha adestradora. Coma sempre, o obxectivo será plasmar no tapiz o duro traballo desenvolvido nos últimos meses e rematar o exercicio coa sensación do traballo ben feito. Así chegarán os resultados.
Hai que recordar que entre a delegación galega contamos cos campións de Europa 2023 en trío 1, Carlos Rey, Alejandro Losada e Marco García; ou con Seung Han Shin, quen logrou o título de campión do mundo 2024, en trío 51-60, xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo Hernando; e o bronce mundial de Beatriz Queiró, xunto ao catalán José Manuel Marín en parella + de 60 anos.
O equipo galego viaxou o luns en dirección a Tallín (Estonia), sede do Europeo, cuxa competición se desenvolverá en dous días (16 e 17 de abril). Ademais, a gran novidade da edición do presente ano é que por primeira vez se celebrará o Europeo de Parapoomsae. Francisco Rodríguez Noya será o primeiro deportista galego de parapoomsae que participa nun Europeo na categoría P21. Fran viaxa ademais acompañado por Natalia Vázquez, que será a súa asistente no evento.
Aquí tedes ás e aos taekwondistas galegos coa súa participación no Europeo.
Técnica
Hugo Arnoso, Mateo Fernández e Aitor Teijeiro – Trío Júnior Masculino
Jessy Sun Shin Veiga – Trío júnior feminino (con dúas deportistas doutra comunidade Noa Zarate e Noa Campillo)
Aitor Teijeiro e Lucía Roca – Parella Júnior
Tomás Fernández – Sénior 1
Laura Álvarez e Daniel Areán – Parella 1
Carlos Rey, Alejandro Losada e Marco García – Trio 1
Begoña Veiga, Virginia Sixto e Elena González – Trío 31-50
Seung Han Shin – Trío 51-60 con xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo
Esperanza Fernández – Trío 51-60 con dúas compañeiras doutra comunidade
Bea Queiró – Máster 3
Bea Queiró e Manuel Sanmartín – Parella +60
Freestyle
Nuria Rodríguez – Freestyle – 17
Ruben Galdó – Freestyle +18
Pepe Soto e Nadia Blanco – Parella – 17
Tomas Fernández e Celia García – Parella Freestyle +18
Nuria Rodríguez, Ana Llin Shin, Nadia Blanco, Lucas Yelo, Hugo Arnoso e Iván Pena – Quinteto – 17
Ruben Galdó, Miguel Barreiro, Irea Abuin, Inés Abuín, Yaiza Velo e Pepe Soto – Quinteto +18
Parapoomsae
Francisco Rodríguez Noya – Categoría P21








