Esta fin de semana celebrouse en Madrid o 2º Congreso Nacional de Mestres de Taekwondo, organizado pola RFET, e coa participación de varios mestres galegos.
Ao congreso asistiron, representando ao taekwondo galego, José Luis Álvarez (Budo); José Luis Garrapucho (Garrapucho), Dévorah Rodil (Escola Lucense), Begoña Veiga (Han´s Horang-I), José Ángel Seguín (Tao) e Antonio Montes (Moo Duk Kwan), ademáis de Seung Han Shin Jang (Han´s Horang-I), quen exerceu de tradutor durante as súa exposición do Gran Mestre Le Kyu Hyung.
O mestre Le Kyu Hyung, 9º Dan da Kukkiwon e capitán do equipo de exhibición (lembrado por todos os mestres, por dirixir a exhibición dos Xogos Olímpicos de Seúl 88), ofreceu unhas clases master de taekwondo tradicional e un relatorio sobre historia e a evolución do taekwondo.