A selección galega de Hapkido conseguiu hoxe, sábado 8 de novembro, o segundo posto no Campionato de España, celebrado en Sevilla. A cita contou cunha alta participación e categorías con máis de 20 deportistas, o que pon en valor o crecemento do Hapkido en España nos últimos anos e o excelente resultado acadado polo equipo galego.
MEDALLAS GALEGAS
Categoría infantil
Prata – Individual: Aitana Míguez (Malamia)
Ouro – Parella: Daniela Torrado e Jimena Rodríguez (Malamia)
Ouro – Trío: Ariana Fernández, Ángel Vara e Sergio Dacosta (Sam Mu Dojang)
Categoría cadete
Prata – Individual: Begoña Pouso (Malamia)
Prata – Parella: María Jesús Álvarez e Noa Castro (Sam Mu Dojang)
Categoría júnior
Bronce – Parella: Jimena Babarro e B. Noelia Pérez (Sam Mu Dojang)
Bronce – Trío: Olalla Vázquez, Vera Vázquez e Maia Bóveda (Sam Mu Dojang)
Categoría sénior 1
Prata – Individual: Luis Silva (Malamia)
Categoría sénior 2
Ouro – Individual: Daniel Torrado (Malamia)
Categoría máster 1
Prata – Individual, cintos negros: Cástor Sánchez (KYO)
Categoría grupo
Prata – Jimena Babarro, B. Noelia Pérez, María Jesús Álvarez, Noa Castro, Maia Bóveda, Vera Vázquez, Olalla Vázquez e Elena Mosquera (Sam Mu Dojang)
Ademais, fóra da selección galega, a escola KYO do Carballiño participou como club, acadando tres medallas:
Prata – Sénior 2 individual, cinto negro: Adrián Novoa
Bronce – Sénior 2 individual: Noelia Blanco
Prata – Máster 1: Iván Luis
Estes resultados consolidan o bo momento do hapkido galego e amosan o alto nivel competitivo das e dos nosos deportistas.
Parabéns a todo o equipo galego polo seu esforzo e éxitos acadados!








