Galicia logrou a primeira posición no Campionato de España de Técnica Infantil por Autonomías, que se disputou este sábado 3 de decembro en Alacante. Galicia logrou o título de campioa de España grazas as medallas de Martina Meilán (ouro), Moisés Martín (ouro), Matías Canle (bronce) -benxamín-, Valeria Soto (ouro), Inés Casal (ouro), Diego Blanco (ouro), Ulises Vázquez (bronce) -alevín-, Noelia Bernárdez (prata), Adrián Vidal (ouro), Hugo Arnoso (bronce) -infantil-, Lucas Yelo (bronce) -cadete-. Ademais das medallas acadadas pola selección galega, tamén houbo premio para varios deportistas galegos/as que viaxaron co seu club e tamén lograron subirse ao podio.

 

Na categoría benxamín Martina Meilán (Tao) e Moisés Martín (TKD Sada) acadaron a medalla de ouro, mentres  que Matías Canle (Natural Ribeira) logrou a medalla de bronce. En alevín feminino houbo dous ouros: Valeria Soto (Patiño) en alevín A e Inés Casal (Neka) en alevín B. Na categoría alevín masculino Diego Blanco (Omnhium) logrou a medalla de ouro, mentres que Ulises Vázquez (TKD Sada) foi bronce.

 

As medallas galegas continuaron na categoría infantil. Adrián Vidal (TKD Sada) conseguiu o ouro, mentres que Noelia Bernárdez (Patiño) foi prata e Hugo Carnoso (TKD Sada) foi bronce. E rematamos co bronce de Lucas Yelo (Hebe) na categoría cadete masculino.

 

 

Print Friendly, PDF & Email