O mércores 21 arrincou en Sarajevo o Europeo sub 21 cunha gran participación de taekwondistas galegos!
Coa selección española viaxan os galegos Ekaterina Rebón, Noa Romero, Javier Otero, Helena García, Irene Montemuíño, Adrián Salanova e Sergio Troitiño, que lograron a clasificación por ser o número 1 do ranking español nos seus pesos. No corpo técnico da selección española, tamén se atopa Lúa Piñeiro.
Pero ademais, Adrián Davila logrou a clasificación no Europeo por clubs e tamén se ampliou o número de prazas e así, polos seus resultados deportivos, que foron valorados pola Comisión Técnica da RFET, tamén viaxaron a Sarajevo os galegos Alex Pazos, Iago Mallo e Silvia Otero, que estarán acompañados polo técnico galego Cristóbal Boudjenane.
Para o primeiro día estaba prevista a participación en -45 quilogramos de Javier Otero e de Adrián Davila, pero este último non puido saír ao tapiz por lesión. O que si competiu foi Javier Otero (-54, Natural Sport), que non tivo sorte no seu debut no Europeo sub 21. Na primeira rolda tiña como rival ao grego Ioanni Kafataridis e non puido con el. O galego caeu en dous asaltos e quedou sen a opción de coller sensacións para seguir avanzando no torneo, porque a veces o primeiro combate é o máis complicado polos nervios.
O xoves continúa o Europeo sub 21 e teremos a catro galegos competindo. Álex Pazos (-58, Taekanart), Helena García (-73, Dobok), Iago Mallo (-80, Tao ) e Noa Romero (-53, Natural Sport) sairán ao tapiz coa intención de facer un bo papel.
Estaremos moi pendentes do que fagan os nosos representantes, pero sen esquecer que estar alí competiendo xa é o primeiro gran éxito!